Network, un mundo implacable

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Network, un mundo implacable
Ficha técnica
Título orixinalNetwork
DirectorSidney Lumet
ProdutorHoward Gottfried
Fred C. Caruso
GuiónPaddy Chayefsky
IntérpretesFaye Dunaway
William Holden
Peter Finch
Robert Duvall
MúsicaElliot Lawrence
FotografíaOwen Roizman
MontaxeAlan Heim
DistribuidoraMetro-Goldwyn-Mayer
(Estados Unidos e o Canadá)
United Artists
(Internacional)
Estrea27 de novembro de 1976
Duración121 minutos
OrixeEstados Unidos de América Estados Unidos
Orzamento3,8 millóns de dólares
Recadación23 689 877 dólares[1]
Na rede
IMDB: tt0074958 Filmaffinity: 480193 Allocine: 46077 Rottentomatoes: m/network Mojo: network Allmovie: v34788 TCM: 342 Metacritic: movie/network Netlix: 70044752Editar o valor em Wikidata

Network, un mundo implacable (en inglés: Network) é un filme dramático satírico estadounidense de 1976, dirixido por Sidney Lumet e protagonizado por Faye Dunaway, William Holden, Peter Finch e Robert Duvall. Foi galardoado con catro premios Oscar: mellor actor (Finch, con carácter póstumo), mellor actriz (Dunaway), mellor actriz secundaria (Beatrice Straight) e mellor guión orixinal (Paddy Chayefsky). A interpretación de Straight ocupa só 5 minutos e 2 segundos, a máis breve de todos os intérpretes gañadores do Oscar.[2] O filme gañou tamén catro premios Globo de Ouro: mellor actor e actriz de drama (Finch e Dunaway), mellor director (Lumet) e mellor guión (Paddy Chayefsky) e un premio BAFTA ao mellor actor (Peter Finch).

En 2000, Network, un mundo implacable foi considerado "cultural, histórica e esteticamente significativo" pola Biblioteca do Congreso dos Estados Unidos de América e seleccionado para a súa preservación no National Film Registry.[3]

Foi emitido na TVG o 16 de novembro de 1994.[4]

Argumento[editar | editar a fonte]

Un locutor de noticias dunha cadea de televisión estadounidense é despedido pola baixa audiencia do programa. Anuncia entón que vai cometer suicidio en directo. Por esta razón os índices de audiencia volven crecer e pasa a ser coñecido como o profeta tolo e é readmitido.

Porén, o seu comportamento louco fai que os responsables do seu ascenso decidan detelo.

Elenco[editar | editar a fonte]

  • Faye Dunaway .... Diana Christensen
  • William Holden .... Max Schumacher
  • Peter Finch .... Howard Beale
  • Robert Duvall .... Frank Hackett
  • Wesley Addy .... Nelson Chaney
  • Ned Beatty .... Arthur Jensen
  • Arthur Burghardt .... Grande Ahmed Kahn
  • Bill Burrows .... diretor da televisão
  • John Carpenter .... George Bosch
  • Jordan Charney .... Harry Hunter
  • Kathy Cronkite .... Mary Ann Gifford
  • Ed Crowley .... Joe Donnelly
  • Jerome Dempsey .... Walter C. Amundsen
  • Conchata Ferrell .... Barbara Schlesinger
  • Gene Gross .... Milton K. Steinman
  • Beatrice Straight .... Louise Schumacher

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Network, Box Office Information". Box Office Mojo. Consultado o 23-1-2012. 
  2. "Beatrice Straight performance length". Serving Cinema. Arquivado dende o orixinal o 06 de agosto de 2017. Consultado o 2016-10-09. 
  3. "U.S. National Film Registry Titles". U.S. National Film Registry (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 12 de outubro de 2007. Consultado o 18 de xuño de 2009. 
  4. La Voz de Galicia, 16 de novembro de 1994. Páx. 79

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]