Nervio (arquitectura)

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Nervios na bóveda, no interior do refectorio do mosteiro de Santa María da Valldigna

Nervio ou nervadura é un elemento construtivo da arquitectura formado por un segmento de arco -con forma de moldura - que sae do intradorso dunha bóveda.[1] Ás veces, denomínase nervadura ao conxunto de nervios nunha bóveda gótica.[2]

Comezouse a empregar a partir do século XII cando se desenvolve a bóveda nervada ou de crucería.

Ao usar estes nervios, as cargas ou pesos concéntranse en lugares específicos de asentamento, permitindo apoiarse sobre columnas en lugar de caer sobre o propio muro. Isto redunda na posibilidade de abrir grandes ocos nas paredes permitindo unha maior luminosidade e lixeireza nos edificios.

Tipos[editar | editar a fonte]

  • Nervio de aresta, é o que marca o punto de intersección de dúas bóvedas.[3]
  • Nervio diagonal ou de crucería, o que cruza diagonalmente toda a bóveda e eten fucnión sustentante.[3]
  • Nervio de faixa, é continúa o perfil dunha bóveda, perpendicular ao eixe desta.[3]
  • Nervio secundario, é o que conecta os outros nervios principais da bóveda.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Nervio". academia.gal. Consultado o 11 de febreiro de 2021. 
  2. Montoto (1955), p. 145
  3. 3,0 3,1 3,2 Hoz & Maldonado & Vela 2003, p. 152

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • Fatás, Guillermo; Borrás, Gonzalo (1993). Diccionario de términos de arte (en castelán). Madrid: Alianza ediciones del Prado. ISBN 84-7838-388-3. 
  • Hoz Onrubia, Jaime; Maldonado Ramos, Luis; Vela Cossió, Fernando (2003). Diccionario de construcción tradicional: tierra (en castelán). Donostia: Editorial Nerea. ISBN 84-89569-80-0. 
  • Montoto, Santiago (1955). Nueva guía de Sevilla (en castelán). Madrid: Editorial Plus Ultra.