Músculo redondo maior

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

O músculo redondo maior ou teres major é un músculo do membro superior humano pertencente á rexión posterior da escápula. Orixínase na escápula, na superficie posterior do ángulo inferior escapular. É un músculo ancho, con forma de cordón, que se dirixe cara a arriba e cara a fóra, rematando en forma de tendón plano. Insírese na superficie anterior do úmero, no tubérculo menor do suco intertubercular. A súa función abrangue a rotación medial do ombreiro e a extensión do brazo.

É innervado polo nervio subescapular inferior.