Muralla de Tarragona

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Conxunto arqueolóxico de Tarraco
Murallas romanas - Portal de San Antonio
Patrimonio da Humanidade - UNESCO
PaísEspaña España
Localización41°07′12.4″N 1°15′32.6″L / 41.120111, -1.259056
TipoCultural
CriteriosII, III
Inscrición2000
Rexión da UNESCOEuropa e
América do Norte
Identificador875rev
Vista de Tarragona coa muralla á esquerda.

A muralla de Tarragona é unha estrutura militar de orixe romano que arrodea o casco antigo da cidade de Tarragona. Constitúe, xunto con outras localizacións, o conxunto arqueolóxico de Tarraco, que forma parte do Patrimonio da Humanidade dende o ano 2000, sendo o seu código de inscrición 875-001.

Historia e características[editar | editar a fonte]

Paseo na parte superior das murallas

A muralla é a construción máis antiga da Tarraco romana. Nun primeiro momento tratábase dunha simple cerca de madeira que tiña coma misión protexer a gornición militar. Comezou a construírse no século III a.C., aínda que non existe consenso sobre se foi durante a segunda guerra púnica ou con posterioridade. Sufriu unha ampliación ao longo do século II a.C., posiblemente durante a formación da cidade romana de Tarraco. Desta época consérvanse tres torres orixinais:

  • A Torre do Arquebisbe
  • A Torre do Cabiscol
  • A Torre de Minerva

Entre os anos 217 e 197 a.C. foi ampliada e fortalecida cun frontal de pedra de 6 metros de altura e 4,5 metros de grosor, reforzando con torres os puntos máis febles. Na segunda metade do século II a.C. a muralla medrou en altura e grosor e estendeuse ata abranguer toda a cidade. Na actualidade consérvanse 1300 metros da edificación orixinal en boas condicións.

Sufriu numerosas modificacións ao longo da historia, coma por exemplo a apertura do Portal del Roser na época medieval para proporcionar un novo aceso á cidade ou a súa rehabilitación como paseo arqueolóxico nos anos 30 do século XX. Dende finais do século XIX é de propiedade pública e no ano 2000 foi catalogada coma Patrimonio da Humanidade, sendo un dos símbolos máis característicos da cidade de Tarragona.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]