Muggle

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

O termo muggle, empregado na serie de libros Harry Potter escritos por J. K. Rowling, serve para denominar ás persoas que non teñen ningunha habilidade máxica de seu, e que non pertencen á comunidade de meigos.

Uso en Harry Potter[editar | editar a fonte]

O termo muggle úsase ás veces de xeito pexorativo nos libros. Segundo Rowling, un cuarto dos estudantes que cada ano chegan a Hogwarts proveñen de pais non-máxicos;[Cómpre referencia] tamén hai nenos nacidos dun proxenitor máxico mentres que o outro non o era, os mestizos. A poboación muggle normalmente non sabe da existencia do mundo máxico.

Rowling afirmou que creou o termo "muggle" a partir da palabra mug, un termo inglés empregado para describir unha persoa á que se engana facilmente. Finalmente engadiu a raíz "-gle" ó final da palabra para evitar que resultase un termo tan degradante.[1]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. JK Rowling's World Book Day Chat (4 de marzo de 2004)

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]