Morfoloxía (bioloxía)

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

En bioloxía, a morfoloxía é a disciplina encargada do estudo da forma e estrutura dun organismo ou sistema. A morfoloxía é unha ciencia biolóxica que trata da forma e transformacións dos seres orgánicos.

Conceptos clave en morfoloxía[editar | editar a fonte]

Gegenbaur: homoloxía entre membros anteriores (1870)

Subdisciplinas[editar | editar a fonte]

Morfoloxía descritiva[editar | editar a fonte]

A morfoloxía descritiva encárgase da descrición e comparación das formas orgánicas (véxase o artigo Anatomía comparada).

Morfoloxía teórica[editar | editar a fonte]

A morfoloxía teórica ten como principal obxectivo o estudo das constricións morfolóxicas.[1] O modelo de David M. Raup para a construción do morfoespazo das cunchas dos gasterópodos é un dos exemplos máis sobresalientes.[2]

Morfoloxía funcional[editar | editar a fonte]

A morfoloxía funcional ocúpase do estudo da forma orgánica e as características en relación coa función. Entre os seus representantes máis destacados atópanse D.D. Davis e David Wake.

Morfoloxía evolutiva[editar | editar a fonte]

A Morfoloxía evolutiva ocúpase do estudo da historia da forma orgánica. Rupert Riedl é un dos seus representantes máis destacados.

Historia da morfoloxía[editar | editar a fonte]

Retrato de Karl Gegenbaur

Antecedentes[editar | editar a fonte]

Morfoloxía transcendental[editar | editar a fonte]

Morfoloxía evolucionista[editar | editar a fonte]

Entre 1865 e 1885 ten lugar a segunda época da morfoloxía transcendental.[3] Os morfólogos dispuñan entón dunha técnica moito máis desenvolvida, pero conceptualmente foi unha época moito menos rica que a anterior. Russell divide esta época en dous subperíodos:

O primeiro corresponde ás especulacións filoxenéticas de Alexander Kovalevsky, Anton Dohrn e Semper. Dentro deste período, podemos distinguir dous enfoques, dependendo de que as especulacións evolutivas estivesen baseadas en datos embriolóxicos ou anatómicos, que deron lugar a dúas teorías sobre a orixe dos vertebrados nos anos setenta: a primeira, defendida por Haeckel e Kovalevsky (continuando a obra de Rathke), defendía que o devanceiro dos vertebrados debía ser similar a unha larva ascidia; a segunda, defendida por Dohrn e Semper, concibía un devanceiro anélido segmentado.

O segundo período está marcado pola influencia da teoría das capas xerminais na análise filoxenética: a teoría da Gastraea (Haeckel) e do Celoma.

Outros[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Raup, David and Steven M. Stanley. 1978. Principles of Paleontology : Second Edition. ISBN 0-7167-0022-0
  2. Raup, D.M. 1966. Geometric analysis of shell coiling: general problems. Journal of Paleontology 40: 1178-1190.
  3. Nas seguintes liñas seguimos a obra de Russell (1916)

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Biografía[editar | editar a fonte]