Monte do Gozo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Monumento no cumio do monte do Gozo.

O monte do Gozo é unha elevación do terreo próxima á cidade de Santiago de Compostela, no lugar de San Marcos en Bando, chamada así polo sentimento de gozo que desperta nos peregrinos, xa que este monte é o primeiro punto dende o cal a xente que fai o Camiño de Santiago ve as torres da catedral.

Historia[editar | editar a fonte]

Na Idade Media había no monte unha capela, mandada construír por Xelmírez en 1105, na que os peregrinos se axeonllaban en sinal de agradecemento por ter chegado até aí. Dende ese punto moitos dos peregrinos a cabalo facían o resto do camiño a pé (como Afonso XI) e outros remataban a súa peregrinación mesmo descalzos. Esa capela foi abandonada no século XVII.

En 1989 fixéronse no monte grandes obras para poder acoller alí a visita do papa Xoán Paulo II con motivo da multitudinaria Xornada Mundial da Xuventude.

Actualmente o monte do Gozo dispón dunhas enormes instalacións para acoller peregrinos, que inclúen un albergue con capacidade para centos de persoas, restaurante, cafetería, lavandería, tenda, campo de fútbol, e un gran auditorio descuberto no que actuaron bandas como Rolling Stones, Bruce Springsteen e Red Hot Chili Peppers entre outras, así como o festival O Son do Camiño, diante de ata 40.000 persoas.

Galería[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]