Monte Ruapehu

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Coordenadas: 39°16′54″S 175°34′07″L / -39.281666666667, 175.56861111111

Monte Ruapehu

Monte Ruapehu no verán
Elevación: 2.797 metros (9.175 pés)
Localización: Nova Zelandia
Tipo: Estratovolcán
Última erupción: 2007
Primeira subida: 1879 por G. Beetham e J. P. Maxwell
Imaxe de satélite do Ruapehu

O Monte Ruapehu, ou Ruapehu, é un estratovolcán activo no sur da Zona volcánica Taupo en Nova Zelandia. Está a 23 quilómetros ao nordés de Ohakune e 40 quilómetros ao suroeste da marxe sur do Lago Taupo, dentro do Tongariro National Park. Nas súas ladeiras están as maiores pistas de esquí da Illa Norte e algúns glaciares.

Ruapehu é un dos volcáns máis activos do mundo[1] e o volcán activo máis grande de Nova Zelandia. É o punto máis alto da Illa Norte ( North Island) e inclúe os tres cumes máis altos: Tahurangi (2.797 m), Te Heuheu (2.755 m) e Paretetaitonga (2.751 m). O profundo e activo cráter está entre os cumes.

A zona e arredores do monte Ruapehu son moi coñecidos porque foi neles onde se rodou boa parte das películas O señor dos aneis.

Erupción de 2007[editar | editar a fonte]

Despois de meses de especulación e controversia, o 18 de marzo de 2007 entrou en erupción.

Ruapehu en xaneiro de 2002

Notas[editar | editar a fonte]

  1. New Zealand Department of Conservation. "Crater Lake". Arquivado dende o orixinal o 23 de xuño de 2006. Consultado o 2006-10-23. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]