Monte Ararat

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Coordenadas: 39°42′07″N 44°17′54″L / 39.70186, 44.29842

Monte Ararat
Ağrı Dağı
Արարատ
Pequeno Ararat (esquerda) e Monte Ararat (dereita).
Localización xeográfica
CordilleiraAltiplano Armenio
Localización administrativa
LocalizaciónPreto de Doğubeyazıt, Provincia de Ağrı, Turquía
Características xerais
Altitude5 137 m m Posición 48
Montañismo
Primeira ascensión1829 polo Friedrich Parrot e Khachatur Abovian

O monte Ararat (turco Ağrı; armenio Արարատ; persa آرارات; hebraico אררט, Hebraico standard Ararat, Hebraico Tiberiano ʾĂrārāṭ), a máis alta montaña da moderna Turquía, é un cono volcánico cuberto de neves eternas e localizado no extremo nordés de Turquía, a 16 km a oeste do Irán e a 32 km ao sur da Armenia. O Xénese identifica esta montaña como o lugar onde a Arca de Noé pousara en terra firme despois do Diluvio.

Xeoloxía[editar | editar a fonte]

Monte Ararat.

Un cono un pouco menor (3.896 m), o Pequeno Monte Ararat, sitúase ao suroeste do pico principal. O leito de lava espállase entre os dous picos. Tecnicamente, o monte Ararat é un estratovulcán, formado de correntes de lava e exección piroclástica.

Nunca se rexistrou ningunha erupción no monte Ararat, mais suponse que teña habido erupcións nos últimos 10.000 anos. Distante de calquera placa continental, a causa do vulcanismo do monte Ararat non é ben comprendida polos científicos.

Ascensión[editar | editar a fonte]

O monte Ararat foi escalado pola primeira vez o 27 de setembro de 1829, por Johann-Friedrich von Parrot xun., Reitor da Universidade Dorpat (Estonia), acompañado de catro estudantes.

A Arca de Noé[editar | editar a fonte]

Na fin da década de 1950, causaron grande alborozo científico uns vestixios coa forma dunha embarcación en fotos aéreas do Ararat, ata que algunhas expedicións identificaron eses vestixios como efectos topográficos e lava.

O Ararat e Armenia[editar | editar a fonte]

A pesar de estar localizado en Turquía, o Monte Ararat é o símbolo nacional de Armenia, onde ás veces se chama Masis (Մասիս), e aparece no centro do brasón de Armenia. A montaña é perfectamente visible desde varios puntos de Armenia, incluíndo a capital Iereván, e represéntase frecuentemente en obras de artistas.