Monstro do lago Ness

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

O monstro do lago Ness, monstro de Loch Ness, ou tamén coñecido simplemente por Nessie en inglés ou Niseag en gaélico escocés, é unha suposta criatura acuática que presuntamente foi vista no Lago Ness (Loch Ness), nas Terras Altas de Escocia. A súa existencia, ou non, continúa a suscitar debate entre os escépticos e os crentes, e é un dos misterios da criptozooloxía. O monstro de Loch Ness é descrito como unha especie de serpe ou réptil mariño, semellante ao plesiosauro, un sauropteríxeo prehistórico. Pero o 29 de maio do 2003, o goberno de Escocia declarou que o monstro non existe e que a súa existencia é froito da imaxinación.

Rexistros visuais[editar | editar a fonte]

O Nessie

Rumores acerca dunha criatura estraña no Loch Ness existen desde hai 1595 anos. O primeiro rexistro escrito aparece na Vida de San Columba, Calum Cille en gaélico escocés, escrita por el no século VI, onde Columba describe como salvou a un picto das poutas do monstro. Noutro punto da obra, o santo conta que matou un xabaril co poder da súa voz, o que ergue sospeitas sobre a credibilidade dos seus relatos, o xabaril puido morrer por outra causa mentres Columba berraba ou simplemente usou unha metáfora, usando "Voz" como algo relativo ao pobo.

No século XX - o primeiro relato é de 1923 - e conta como Alfred Cruickshank avistou unha criatura de preto de 3 metros de longo e dorso arqueado, aínda que o rexistro visual que iniciou a popularidade de Nessie data do 2 de maio de 1933 e foi relatado polo xornal local Inverness Courier nunha reportaxe chea de sensacionalismo. No artigo cóntase que un matrimonio viu un monstro arrepiante entrando e saíndo da auga, como fan algúns golfiños. A nova xerou expectación e un circo chegou ofrecer 20.000 libras pola captura da criatura. A esta oferta seguiulle unha vaga de rexistros visuais que culminaron o 19 de abril de 1934 coa máis famosa fotografía do monstro, sacada polo cirurxián R.K. Wilson (de aí o nome da fotografía, coñecida como Surgeon’s photo). A fotografía circulou pola prensa mundial como proba absoluta da existencia real do monstro.

Décadas despois, en 1994 Marmaduke Wetherell confesou que falsificara a fotografía cando era reporteiro free lancer do Daily Mail á procura dun futuro xornalístico. Wetherell afirmou tamén que decidiu usar o nome do Dr. Wilson como autor para conferir máis credibilidade á caroca.

O 25 de maio do 2007, Gordon Holmes, un técnico de laboratorio de 55 anos de idade, filmou un vídeo dunha "criatura negra, de preto de 45 pés de lonxitude, movéndose rapidamente na auga". O vídeo foi estudado por biólogos. Díxose que o vídeo está "entre as máis brillantes aparicións do monstro ". A BBC de Escocia transmitiu o vídeo o 29 de maio do 2007.

Teorías[editar | editar a fonte]

Impresión artística do Plesiosaurus no seu medio ambiente

Case todos os relatos de aparicións do monstro descríbeno semellante a un Plesiosauro, un animal parente dos dinosauros extinto desde o Mesozoico. Os plesiosauros eran réptiles acuáticos de grandes dimensións, cun pescozo grande en relación coa cabeza, que se desprazaban coa axuda de enormes membros en forma de aletas. A semellanza cun animal extinto levou a algúns criptozoólogos a defender que o monstro do Lago Ness é un plesiosauro que, dalgún xeito, sobreviviu á extinción da súa especie na fin do Cretáceo. Os escépticos argumentan que é imposible que un único individuo sobreviva 63 millóns de anos e que esta hipótese implica a existencia non dun monstro, senón dunha pequena comunidade. Baseado no tamaño do lago e na cantidade de alimento, George Zug, do Smithsonian, calculou que o número de criaturas como Nessie podería variar de 10 a 20 animais se cada un pesase arredor de 1.500 quilos e chegar ata 150 animais de 150 quilos (O que probablemente non é o caso xa que describen criaturas enormes).

Os científicos din que un Plesiosauro nunca levantaría o pescozo por riba da auga, como o monstro supostamente fai. Ademais diso, o plesiosauro estaba adaptado á calor, e non ás temperaturas baixas do Lago Ness. Baseándose niso, un grupo de científicos crean unha teoría que di que o monstro é, un dinosauro parente do plesiosauro, que á parte de que nunca fora documentado, posuía unha estrutura ósea diferente do seu suposto curmán e o corpo adaptado a condicións climáticas diferentes, que vivía no océano Ártico ou Atlántico. Así, un grupo desas criaturas entrou polo Río Ness (unha das únicas comunicacións do lago co mar) e despois de certo tempo o río quedou con pouca auga, e as criaturas non puideron saír, grazas ao alimento abondoso de salmóns, anguías e troitas as criaturas adaptáronse á vida no lago. Entón, "Nessie" probablemente sería da Superorde (bioloxía) Sauropterygia.

Outras explicacións para os rexistros visuais suxiren que as testemuñas confundiron o monstro cos esturións que abundan no lago e que, por mor da súa estraña aparencia, puideron causar a confusión. Hai quen relaciona os rexistros visuais coa liberación de gases da falla tectónica que modela o lago, que poden chegar á superficie en forma de burbullas.

En xullo do 2003, un equipo da BBC realizou unha investigación exhaustiva na zona, coa fin de determinar dunha vez a existencia ou non do monstro. O lago foi percorrido dunha punta a outra por mergulladores e cerca de 600 sonares sen ningún resultado. A BBC concluíu que o monstro non existe pero nin isto desalentou aos defensores de Nessie.

Gran parte da dificultade de atopar ou probar a ausencia da criatura é debida á peculiaridade xeolóxica do propio lago. Ten forma estreita, profunda e alongada, con preto de 37 km de lonxitude, 1,6 de ancho e unha profundidade máxima de 226 metros. A visibilidade da auga é extremadamente reducida debido ao contido de turba dos solos circundantes, que é levada ao lago polas redes de drenaxe. Pénsase que o lago Ness foi modelado polos glaciares da última era glacial. Amais, a visibilidade na superficie adoita ser mala, o que explica a mala calidade das fotos e a sospeita de que os rexistros visuais sexan unha pareidolia. En Escocia, a media dos últimos 30 anos é duns 48 días de sol por ano.

Nessie na cultura popular[editar | editar a fonte]

Real ou imaxinario, o monstro do Lago Ness forma parte do imaxinario popular e da cultura de Escocia e do resto do mundo occidental. Nessie apareceu varias series televisivas e é un exemplo clásico de monstro. É aínda un dos motores da industria turística da zona, atraendo ao Loch Ness innumerables curiosos á procura da oportunidade de fotografalo. Nos debuxos animados de Xiaolin Showdown o monstro do Lago Ness é curmá de Dojo. E o Monstro do Lago Ness apareceu tamén nun episódio de Scooby-Doo onde, co gallo das olimpíadas escocesas, o monstro aparecía e aterrorizaba a todos por culpa do gran barullo das persoas competindo, tamén asustaba nun castelo que era da organizadora das olimpíadas. O monstro tamén foi parodiado no debuxo animado Johnny Test como o "Monstro do lago Porkness". Nessie tamén foi parodiado na animación Phineas e Ferb como o "Monstro do lago Naso".

En Expediente X no episodio Quagmire un monstro mariño apareceu sendo responsable de varias mortes, mesmo sen ser o Monstro do Lago Ness durante o episodio fanse varias referencias ao Monstro do Lago Ness. Sen esquecer o filme Mi monstruo y yo, no videoxogo Mega Man Star Force 2, hai unha cidade chamada Loch Mess, onde segundo a lenda, vive unha criatura chamada Dossy (Messy), que na realidade é a forma de vida electromagnética Brachio Wave (Plesio Surf).

Carl Barks retratou a Nessie na historia O Misterio do Lago. Nesta historia, o protagonista, Donald, decide fotografar o monstro no interior do lago Less (parodia para o lago Ness), pero é engulido polo monstro.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]