Mongolia Interior

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:Xeografía políticaMongolia Interior
Imaxe

Localización
Editar o valor em Wikidata Mapa
 44°N 113°L / 44, 113Coordenadas: 44°N 113°L / 44, 113
EstadoRepública Popular da China Editar o valor em Wikidata
CapitalHohhot (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Contén a división administrativa
Poboación
Poboación24.049.155 (2020) Editar o valor em Wikidata (20,36 hab./km²)
Lingua usadaSouthern Mongolian (en) Traducir
Bargu-Shineken Buriyad (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Xeografía
Superficie1.181.104 km² Editar o valor em Wikidata
Punto máis altoHelan Mountains (en) Traducir (3.556 m) Editar o valor em Wikidata
Comparte fronteira con
Creación1947 Editar o valor em Wikidata
Organización política
• Xefe do gobernoBu Xiaolin (en) Traducir (2016–2021)
Wang Lixia (en) Traducir (2021–) Editar o valor em Wikidata
Órgano lexislativoInner Mongolian Autonomous Regional People's Congress (en) Traducir , Editar o valor em Wikidata
PIB nominal1.735.980.000.000 ¥ (2020) Editar o valor em Wikidata
Identificador descritivo
Fuso horario
ISO 3166-2CN-NM e CN-15 Editar o valor em Wikidata

Páxina webnmg.gov.cn Editar o valor em Wikidata

Mongolia Interior (en mongol: Öbür Monggol e cirílico: Өвөр Монгол, Övör Mongol, en chinés: 内蒙古), oficialmente coñecida como Rexión Autónoma de Mongolia Interior (ᠦᠪᠦᠷ
ᠮᠣᠩᠭᠤᠯ ᠤᠨ
ᠥᠪᠡᠷᠲᠡᠭᠡᠨ
ᠵᠠᠰᠠᠬᠣ
ᠣᠷᠣᠨ
), é unha rexión autónoma da República Popular da China, que se atopa no norte do estado. Contén a maior parte da fronteira da China con Mongolia (o resto da fronteira entre a China e Mongolia está na rexión autónoma de Xinjiang e na provincia de Gansu) e un pequeno anaco da fronteira con Rusia. A súa capital ié Hohhot, e outras cidades salientables son Baotou, Chifeng e Ordos.

A Rexión Autónoma foi estabelecida no ano 1947, incorporando as áreas das provincias da antiga República da China, Suiyuan, Chahar, Rehe, Liaobei e Xing'an, xunto coas partes setentrionais de Gansu e Ningxia. É a terceira meirande subdivisión da China, abranguendo aproximadamente 1 200 000 km² ou o 12% da área total da China. Segundo o censo de 2010, tiña unha poboación de 24 706 321 de persoas, representando o 1,84% da poboación total do estado. Mongolia Interior é a 23ª división administrativa máis poboada do país.[1] A maioría da poboación é da etnia han, cunha salientable minoría mongol. As linguas oficiais son o mandarín e o mongol, sendo a última escrita en escritura tradicional mongol, ó contrario que o alfabeto cirílico que é empregado polo estado de Mongolia.

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]