Mohsen Fakhrizadeh

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Mohsen Fakhrizadeh
Nacemento1958
Lugar de nacementoQom
Falecemento27 de novembro de 2020
Lugar de falecementoAbsard
Causaferida por arma de fogo
SoterradoImamzadeh Saleh
NacionalidadeIrã Pahlavi e Irán
RelixiónXiísmo
Alma máterShahid Beheshti University
Ocupacióncientífico nuclear
PremiosOrder of Service e Order of Nasr
editar datos en Wikidata ]

Mohsen Fakhrizadeh-Mahabadi (en persa محسن فخری‌زاده) nado en Qom en 1958 e finado en Absard o 27 de novembro de 2020, foi un oficial iraniano da Garda Revolucionaria e profesor de física na Universidade Imam Hussein de Teherán. Segundo o Consello de Seguridade da ONU, Fakhrizadeh era un científico de alto rango adscrito ao Ministerio de Defensa e Loxística das Forzas Armadas e ex director do Centro de Investigación Física (PHRC). Foi asasinado o 27 de novembro de 2020.[1]

Biografía[editar | editar a fonte]

Naceu en Qom, asistiu á Universidade Shahid Beheshti e recibiu un doutoramento pola Universidade de Isfahán. Foi profesor na Universidade Iman Hussein, e líder do programa nuclear de Irán.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Fakhrizadeh fora obxecto de investigación por parte de Estados Unidos, acusado de ser o responsable último do programa nuclear iraniano. Por ese motivo foi incluído na lista do Consello de Seguridade das Nacións Unidas pola que se conxelaban os seus activos e era preceptiva a notificación das súas viaxes. O Consello esixiu que o Axencia Internacional da Enerxía Atómica (AIEA) elaborase un informe e entrevistase a Fakhrizadeh, pero Irán negouse a polo á súa disposición.[2]

Respecto ao traballo de Fakhrizadeh, Irán filtrou algunha información sobre a que a AIEA dixera que "non era incompatible coas súas propias conclusións", aínda que o organismo internacional continuou tentando corroborar as súas sospeitas.[3]

Asasinato[editar | editar a fonte]

O 27 de novembro de 2020, Fakhrizadeh foi ferido de gravidade preto da cidade de Absard, unha localidade próxima a Teherán.[1] Houbo noticias dunha explosión.[4] Foi trasladado a un hospital onde morreu debido ás súas feridas. Catro homes armados estiveron involucrados no ataque, tres dos cales foron matados polos gardacostas de Fakhrizadeh.[5]

Escena do crime.

Notas[editar | editar a fonte]