Mobutu Sese Seko

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaMobutu Sese Seko

Editar o valor em Wikidata
Nome orixinal(ln) Mobutu Sese Seko Kuku Ngbendu wa Za Banga Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento(fr) Joseph-Désiré Mobutu Editar o valor em Wikidata
14 de outubro de 1930 Editar o valor em Wikidata
Lisala (Congo Belga) Editar o valor em Wikidata
Morte7 de setembro de 1997 Editar o valor em Wikidata (66 anos)
Rabat, Marrocos Editar o valor em Wikidata
Causa da morteMorte natural Editar o valor em Wikidata (Cancro de próstata Editar o valor em Wikidata)
Lugar de sepulturaRabat Editar o valor em Wikidata
Presidente da Organización para a Unidade Africana
11 de setembro de 1967 – 13 de setembro de 1968
← Haile SelassieHouari Boumédiène (pt) Traducir →
Presidente da República Democrática do Congo
24 de novembro de 1965 – 16 de maio de 1997
← Joseph Kasa-Vubu (pt) TraducirLaurent-Désiré Kabila → Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
ResidenciaRabat (1997–)
Gbadolite (pt) Traducir (–1997) Editar o valor em Wikidata
País de nacionalidadeRepública do Congo (Léopoldville) (pt) Traducir
Zaire Editar o valor em Wikidata
RelixiónIgrexa católica Editar o valor em Wikidata
EducaciónCollège du Léman (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónpolítico , xornalista , militar Editar o valor em Wikidata
Partido políticoMovimento Popular da Revolução (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
MovementoAuthenticité (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua lingala, lingua francesa e Língua ngbandi (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Carreira militar
Rama militarForce Publique (en) Traducir e Armed Forces of the Democratic Republic of the Congo (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Rango militarmariscal Editar o valor em Wikidata
ConflitoCrise do Congo (pt) Traducir, Segunda Guerra de Shaba (pt) Traducir, Conflito entre Chade e Líbia (pt) Traducir, Guerra Civil Angolana e Primeira Guerra do Congo Editar o valor em Wikidata
Familia
CónxuxeBobi Ladawa Mobutu (en) Traducir
Marie-Antoinette Gbiatibwa Gogbe Mobutu (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
FillosNzanga Mobutu (pt) Traducir
 () Bobi Ladawa Mobutu (en) Traducir
Kongulu Mobutu (pt) Traducir
 () Marie-Antoinette Gbiatibwa Gogbe Mobutu (en) Traducir
Giala Mobutu
 () Editar o valor em Wikidata
Premios

IMDB: nm0782891 WikiTree: Seko-1 Find a Grave: 8215461 Editar o valor em Wikidata
Mobutu Sese Seko (1973)

Mobutu Sésé Seko Nkuku wa za Banga (Lisala, 1930Rabat, 1997) foi o presidente do Zaire (agora República Democrática do Congo) entre 1965 e 1997.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Mobutu naceu como Joseph-Désiré Mobutu o 14 de outubro de 1930 nunha pequena aldea da selva no entón Congo Belga, o seu pai morreu cando el tiña oito anos e van ser o seu avó e un tío quen coiden del, estuda nunha misión católica pero expúlsano pola súa conduta violenta, mesmo pasa seis meses na cadea ata que como castigo entra en 1949 no exército colonial por un período de sete anos, chega a sarxento maior, o máximo posto que ao que podía obter un negro, deixouno en 1956 e traballou como xornalista e editor e viaxa pola primeira vez a Europa, a un congreso en Bruxelas, onde permanece un tempo e alí en 1958 uniuse ao nacionalista Movemento Nacional Congolés (MNC). Ao obter o Congo a independencia o 30 de xuño de 1960 o novo goberno nomeouno secretario e estado de defensa, pero o goberno era inestable polas rivalidades entre o primeiro ministro Patrice Lumumba e o presidente Joseph Kasavubu. O 14 de setembro de 1960 un golpe de estado retirou a Lumumba do poder e el como xefe de estado maior é o encargado de arrestalo, ao que seguiu o seu asasinato pouco despois e o país entra nun período de caos.

En 1965, o xa tenente xeneral, despois de reorganizar o exército, dá un golpe de estado contra o presidente Kasavubu e o primeiro ministro Moise Tshombe. Mobutu declarouse presidente por cinco anos, instala un réxime autoritario de partido único, Movemento Popular da Revolución cun forte culto á súa personalidade, e mantén boas relacións con Europa e os Estados Unidos cunha política anticomunista na política internacional. En 1967 fai fronte a unha tentativa de golpe e foi elixido presidente de novo en 1970. Emprendeu unha campaña de africanización e en outubro de 1971 renomeou ao país República do Zaire e cambiou o seu propio nome en 1972.

Nun primeiro momento nacionalizou as compañías estranxeiras e obrigou os cadros europeos a deixar o país, pero en 1977 viuse obrigado a readmitilos de novo, ao tempo que solicitaba a axuda belga para facer fronte a un ataque a Katanga por rebeldes catangueños con base en Angola. Foi relixido de novo en 1977, sen oposición. En 1984 estimábase a súa fortuna persoal en 4.000 millóns de dólares, nun país onde a corrupción estaba organizada e a estrutura económica desaparecía.

En maio de 1990 debido a problemas económicos e oposición interna, Mobutu permitiu a creación doutros partidos políticos e organizou un goberno de transición que debería conducir a unhas eleccións democráticas, pero el retivo substanciais poderes. Malia iso, producíronse disturbios en Kinshaha provocados por soldados aos que non se lles pagara. Divisións internas provocaron a creación de dous gobernos en 1993 un pro e o outro anti-Mobutu, este último liderado por Laurent Monsengwo e Étienne Tshisekedi da UDPS. A situación económica continuaba a ser delicada, e os dous gobernos unificáronse en 1994 no Alto Consello da República - Parlamento de Transición. Mobutu nomeou a Kengo Wa Dondo, partidario da austeridade e de reformas que conduciran ao libre mercado, como novo primeiro ministro. A saúde de Mobutu empeoraba, e durante unha das súas ausencias para tratamento médico en Europa, os tutsis fixéronse co control de boa parte do leste do Zaire. Foi o inicio da Primeira Guerra do Congo, os tutsis opuxéranse a Mobutu polo seu apoio aos extremistas hutus responsables do xenocidio de Ruanda en 1994.

Cando o seu goberno deu a orde en novembro de 1996 de obrigar aos tutsis a deixar Zaire baixo a pena de morte, rebeláronse. Dende o leste de Zaire, co apoio do presidente Paul Kagame de Ruanda e de Uganda, lanzaron unha ofensiva co apoio de opositores locais a Mobutu e marcharon cara Kinshasa, a resistencia do exército cesou en marzo, e o 16 de maio os tutsis xunto á Alliance des Forces Democratiques pour la Liberation du Congo-Zaire (AFDL) entraba en Kinshasa. Zaire cambio de nome para República Democrática do Congo. Mobuto marchou ao exilio, primeiro a Togo e logo a Marrocos. Laurent-Désiré Kabila converteuse no novo presidente.

Mobutu morreu en setembro de 1997 dun cancro de próstata.