Mil raias

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Un mil raias de liñas verdes e brancas.
David Woodard cun vestido de mil raias.

O mil raias[1][2], tamén chamado seersucker ou anarruga, é un tecido estampado de algodón de orixe hindú.

Descrición[editar | editar a fonte]

O mil raias consiste nunha alternancia de liñas azuis lisas e de liñas brancas estampadas, que se obteñen ao aplicaren diferentes tensións sobre o tear. Adoita empregarse para a confección de vestidos nos cales o tecide favorece a perda de calor e a circulación do aire[3].

O nome mil raias fai referencia ás numerosas liñas que posúe. O seu nome en inglés (seersucker) provén do persa «shir o shekar», isto é, «leite e azucre», en relación a unha probable semellanza cos devanditos alimentos, xa que un é liso e o outro áspero[3].

Historia[editar | editar a fonte]

É orixinario da India, onde se leva nos hábitos de cerimonia xunto coa seda ondulada, co ouro e coa prata. Foi importada a Europa cara ao 1750 e estivo de moda na corte do rei Lois XV de Francia. Os ingleses reintrodúceno no século XX para fabricar a vestimenta de beiramar. Axiña se converteu nun elemento importante no sur dos Estados Unidos e, de feito, hoxe en día, cada segunda ou terceira cuarta feira de xuño, os senadores oriúndos do sur dos Estados Unidos celebran o «Seersucker Thursday», e asisten ás cámaras lexislativas con roupa elaborada con este tecido[3].

Galería[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Zara". Consultado o 28 de marzo de 2018. 
  2. "O galego, lingua de moda: algunhas solucións terminolóxicas". Consultado o 29 de marzo do 2018. 
  3. 3,0 3,1 3,2 «God save le seersucker!», Le Figaro Magazine, semana do 19 de xuño de 2015, páxina 105.