Microsoft Paint

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Microsoft Paint
Desenvolvedor(es)Microsoft
Sistema operativoMicrosoft Windows
TipoEdición de imaxes
Sitio webPaint

Paint (orixinalmente Paintbrush) é un programa editor de fotografía desenvolvido por Microsoft. Paint acompañou ao sistema operativo Microsoft Windows desde a versión 1.0. Sendo un programa básico, inclúese en todas as novas versións deste sistema. Pola súa simplicidade, rapidamente converteuse nunha das aplicacións máis usadas das primeiras versións de Windows -introducindo a varios a debuxar coa computadora por primeira vez- e é aínda fortemente asociado coa inmediata usabilidade de Windows.

Historia[editar | editar a fonte]

Versións completas[editar | editar a fonte]

A primeira versión de Paint introduciuse na primeira versión de Windows, Windows 1.0. Máis tarde foi rebautizado a PaintBrush en Windows 3.0, pero foi cambiado de novo a Paint en Windows 95 e posteriores. Esta versión soamente admite os formatos de arquivo MSP e BMP. O primeiro xa non é compatible.

En Windows XP, tamén garda arquivos GIF estáticos e PNG sen transparencia.

En Windows Vista, cambiáronse as iconas de barra de ferramentas e as cores da paleta de cores. Así mesmo, agregouse un maior número de niveis de desfacer, pasando a ser 10 veces, e un control deslizante de zoom. Esta versión garda os arquivos en formato .jpg de forma predeterminada, que pode afectar á calidade xeral dunha imaxe, especialmente despois de múltiples gardados do arquivo debido ao seu método de compresión.

Windows 7, Windows 8 e Windows 8.1[editar | editar a fonte]

En Windows 7 e Windows 8 a versión de Paint fai uso da interface Ribbon.[1] Ademais, conta con pinceis "artísticos" compostos por diferentes tons de gris e transparencias para dar un resultado máis realista. Para agregar máis realismo, os pinceis de óleo e acuarela poden pintar soamente unha pequena distancia antes de que o usuario deba volver facer clic. Isto dá a ilusión de que o pincel se descargou de pintura. Tamén se engadiu anti-aliasing ás formas, que poden cambiar de tamaño libremente ata que se rastericen cando se selecciona outra ferramenta. Esta versión utiliza o formato de arquivo PNG por defecto para gardar imaxes, o que garante máxima calidade e compatibilidade.

Windows 10 e Windows 10 Mobile[editar | editar a fonte]

A versión universal para Windows 10 atópase aínda en desenvolvemento, prevista para ser lanzada coa versión "RS2" de Windows 10. Microsoft xa publicou a nova aplicación universal de Paint na tenda baixo o nome en código "Newcastle", que ven con soporte para figuras 3D, novos pinceis, figuras, opcións, etc.

Características[editar | editar a fonte]

Paint utilízase a miúdo para crear pixel art.

As versións recentes de Paint permiten ao usuario elixir até tres cores á vez: a cor primaria (clic esquerdo do rato), cor secundaria (clic dereito do rato) e terceira cor (tecla control + calquera clic do rato). 

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Rivera, Rafael (16 de setembro de 2008). "Short: Ribbon implemented in Windows “7” Paint". Arquivado dende o orixinal o 21 de setembro de 2008. Consultado o 2 de maio de 2009. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]