Michele Somma

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Michele Somma
Información persoal
Nome Michele Somma
Nacemento 16 de marzo de 1995
Lugar de nacemento Salerno
Altura 1,82 m.
Posición Defensa central
Información de club
Club actual Piacenza
Número 15
Carreira xuvenil
Polisportiva Carso
2009–2012 Juventus
2012–2014 Roma
Carreira sénior
Anos Equipos Aprs (Gls)
2014–2016 Roma 1 (0)
2015Empoli (cedido) 1 (0)
2015–2016Brescia (cedido) 6 (0)
2016–2018 Brescia 54 (0)
2018 Bari 0 (0)
2020– Deportivo da Coruña 27 (2)
2020–2022 Palermo 28 (1)
2022–2023 Catania 24 (1)
2023– Piacenza 4 (0)
Selección nacional
2010 Italia sub-16 3 (0)
2013 Italia sub-18 3 (0)
2013–2014 Italia sub-19 13 (0)
2014–2015 Italia sub-20 9 (1)
2015–2016 Italia sub-21 2 (0)
Na rede
UEFA: 250066080 Editar o valor em Wikidata
Partidos e goles só en liga doméstica.
Club: actualizado a 23 de xaneiro de 2024.
Selección: actualizado a 10 de novembro de 2016.editar datos en Wikidata ]

Michele Somma, nado en Salerno o 16 de marzo de 1995, é un futbolista italiano. Xoga de defensa central no Piacenza, da Serie D italiana.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Naceu en Salerno, sendo fillo de Carmen Bruzzese e do futbolista e adestrador de Latina Mario Somma, que por aquel entón xogaba no Turris.[1] Na posición de defensa central, igual que seu pai, comezou a xogar na canteira da Polisportiva Carso, pasando logo polas categorías inferiores da Juventus e da Roma. Xogou co equipo "Primavera" do club romano e o 22 de novembro de 2014 debutou co primeiro equipo na Serie A, da man do adestrador Rudi Garcia, nun partido ante a Atalanta en Bérgamo.[1] En febreiro de 2015 saíu cedido ao Empoli, tamén da Serie A, onde non contou apenas con minutos, disputando só un partido ante o Genoa.

Para a campaña 2015/16 volveu ser cedido, desta vez ao Brescia. da Serie B. Comezou a tempada cunha lesión e en novembro rompeu o ligamento cruzado anterior do xeonllo dereito, nun partido ante o Perugia, polo que se mantivo afastado dos terreos de xogo ata que reapareceu na derradeira xornada de liga. A pesar da súa pouca participación, en febreiro, cando aínda estaba lesionado, foi adquirido en propiedade polo club.[2] Durante a súa segunda campaña en Brescia fíxose coa titularidade, pero en xaneiro volveu romper o ligamento cruzado anterior, desta vez no outro xeonllo.[3] Xa recuperado, na tempada 2017/18 disputou completos case todos os partidos do seu equipo, acadando os 65 encontros nos seus tres anos en Lombardía.

No verán de 2018 asinou co Bari, pero poucos días despois desvencellouse do club, que foi declarado en bancarrota. O 22 de agosto anunciouse a súa fichaxe polo Deportivo da Coruña, da Segunda División de España, converténdose no primeiro italiano en xogar no club galego.[4][5]

Non xogou durante as primeiras xornadas de liga, na que foi titular indiscutible a dupla de centrais formada por Pablo Marí e Domingos Duarte, producíndose finalmente o seu debut na segunda rolda da Copa do Rei, ante o Zaragoza na Romareda, onde realizou unha boa actuación xogando como titular, a pesar da eliminación do equipo.[6] A súa estrea na liga deuse exactamente un mes despois, na goleada sobre o Elche da novena xornada en Riazor, onde substituíu nos minutos finais a David Simón.[6] Durante o resto da tempada alternou suplencias con algunhas titularidades aproveitando lesións ou sancións dos seus compañeiros, sumando un total de 14 partidos, e foi titular en tres dos catro partidos da frustrada promoción de ascenso a Primeira.

Comezou a campaña 2019/20 como titular, pero na segunda xornada ante o Huesca sufriu unha lesión de xeonllo que o mantivo máis de dous meses sen xogar.[7] Reaparece a mediados de novembro e formou parte dos onces titulares ata febreiro, cando nun partido ante o Girona sufriu a terceira lesión grave de xeonllo da súa carreira, cunha nova rotura do ligamento cruzado anterior do xeonllo dereito.[8] O Deportivo incorporou ao senegalés Abdoulaye Ba para cubrir o seu posto, e durante a ausencia do defensa italiano, o club descendeu á Segunda División B por segunda vez na súa historia.

En setembro de 2020 regresou a Italia e asinou como novo xogador do Palermo, da Serie C.[1][9] Foi titular na maioría de partidos da súa primeira campaña na cidade siciliana, participación que caeu drasticamente na segunda, na que o equipo conseguiu o ascenso á Serie B.[1] Na tempada 2022/23 xogou no Catania, que viña de atravesar unha refundación e militaba na Serie D. Xogou 24 partidos de liga co equipo de Catania, co que conseguiu regresar á terceira categoría. En decembro de 2023 fichou polo Piacenza, tamén da Serie D.[10]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 1,2 1,3 Farina, Michele (25 de outubro de 2022). "La famiglia nel pallone: Mario e Michele Somma" (en italiano). Consultado o 23 de xaneiro de 2024. 
  2. "Calciomercato Roma, Somma al Brescia nell'operazione H'Maidat" (en italiano). 1 de febreiro de 2016. Consultado o 23 de xaneiro de 2024. 
  3. "Somma, peggio non si poteva: crociato rotto e stagione finita" (en italiano). 3 de xaneiro de 2017. Consultado o 23 de xaneiro de 2024. 
  4. "Michele Somma, novo xogador do Dépor 2018-2019". 22 de agosto de 2018. Consultado o 2 de marzo de 2021. 
  5. "El Deportivo ficha al central italiano Michele Somma". Mundo Deportivo (en castelán). 22 de agosto de 2018. Consultado o 2 de marzo de 2021. 
  6. 6,0 6,1 "El estreno liguero de Somma" (en castelán). 14 de outubro de 2018. Consultado o 23 de xaneiro de 2024. 
  7. "Somma: "Estoy convencido de que saldremos de esta"". La Opinión A Coruña (en castelán). 15 de novembro de 2019. Consultado o 23 de xaneiro de 2024. 
  8. Miranda, Carlos (19 de febreiro de 2020). "Somma, operado de la rotura del ligamento cruzado anterior". La Opinión A Coruña (en castelán). Consultado o 23 de xaneiro de 2024. 
  9. "Michele Somma firma por tres temporadas con el Palermo" (en castelán). 1 de outubro de 2020. Consultado o 1 de outubro de 2020. 
  10. "MICHELE SOMMA E' UN GIOCATORE DEL PIACENZA" (en italiano). 15 de decembro de 2023. Consultado o 23 de xaneiro de 2024. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]