Michael Smith

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Michael Smith
Datos persoais
Nacemento26 de abril de 1932
LugarBlackpool Reino Unido Reino Unido
Falecemento4 de outubro de 2000
LugarVancouver Canadá
Residencia Canadá
Nacionalidadeinglés e canadense
Cónxuxe
  • Helen
  • Actividade
    Campo
  • Química e Bioquímica
  • Alma máter
  • Universidade de Mánchester
  • Contribucións e premios
    Coñecido por
  • Mutaxénese
  • Premios
  • Premio Nobel de Química (1993)
  • editar datos en Wikidata ]

    Michael Smith, nado o 26 de abril de 1932 en Blackpool (Inglaterra) e finado o 4 de outubro de 2000 en Vancouver (Canadá), foi un químico, bioquímico e profesor universitario canadense, de orixe inglesa, galardoado co Premio Nobel de Química do ano 1993.

    Traxectoria[editar | editar a fonte]

    Estudou química na Universidade de Mánchester, onde se doutorou en 1956. Aquel mesmo ano trasladouse ao Laboratorio de Har Gobind Khorana da Universidade da Columbia Británica, e posteriormente dedicouse á docencia na Universidade de Wisconsin-Madison, situada nos Estados Unidos, e finalmente volveu á Universidade da Colúmbia Británica, onde foi nomeado director do Laboratorio de Biotecnoloxía.

    Investigacións científicas[editar | editar a fonte]

    Interesado na investigación científica na contorna do ADN, buscou métodos para poder recodificar o ácido desoxirribonucleico en puntos concretos, o que se coñeceu como mutaxénese dirixida, para poder variar así a composición, forma e propiedades das proteínas.

    En 1993 foi galardoado co Premio Nobel de Química polo desenvolvemento dun método para a mutación (mutáxeno) do ácido desoxirribonucleico. O premio foi compartido con Kary Mullis polo desenvolvemento da Reacción en cadea da polimerase.

    Véxase tamén[editar | editar a fonte]

    Ligazóns externas[editar | editar a fonte]

    Predecesor:
    Rudolph A. Marcus
    Premio Nobel de Química

    1992
    con
    Kary Mullis
    Sucesor:
    George Andrew Olah