Memoria eidética

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

A memoria eidética (ás veces chamada memoria fotográfica)[1] é unha habilidade para lembrar vividamente imaxes despois duns poucos instantes, cunha alta precisión para o breve tempo de exposición, sen utilizar unha regra mnemotécnica.[2] Malia que os termos memoria eidética e memoria fotográfica son popularmente usados de xeito intercambiable, tamén son distinguibles, xa que a memoria eidética é a habilidade específica de ver as lembranzas como fotografías,[3] e a memoria fotográfica refírese á habilidade de lembrar páxinas de texto ou números, ou semellantes, con gran detalle.[4][5] Cando se distinguen ámbolos dous conceptos, a memoria eidética ocorre nun reducido número de nenos e nos adultos é moi raro,[2][6] mentres que a verdadeira memoria fotográfica non foi nunca demostrada.[5][7]

A verba eidética provén do grego εἶδος ("visto").[8]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Dennis Coon (2005). Psychology: A Modular Approach to Mind and Behavior. Cengage Learning. p. 310. ISBN 0534605931. Consultado o 10 de maio de 2016. The term photographic memory is more often used to describe eidetic imagery. 
  2. 2,0 2,1 "Eidetic image", Encyclopædia Britannica
  3. "Mental Imagery > Other Quasi-Perceptual Phenomena (Stanford Encyclopedia of Philosophy)". plato.stanford.edu. Arquivado dende o orixinal o 09 de xuño de 2007. Consultado o 30 de abril de 2016. 
  4. Anthony Simola (2015). The Roving Mind: A Modern Approach to Cognitive Enhancement. ST Press. p. 117. ISBN 069240905X. Consultado o 10 de maio de 2016. 
  5. 5,0 5,1 Slate Magazine (ed.). "No one has a photographic memory.". 
  6. Andrew Hudmon (2009). Learning and Memory. Infobase Publishing. p. 52. ISBN 1438119577. Consultado o 10 de maio de 2016. 
  7. Scientific American (ed.). "Does Photographic Memory Exist?". 
  8. American Heritage Dictionary, 4th ed., ed. (2000). "Eidetic". Arquivado dende o orixinal o 17 de marzo de 2001. Consultado o 12 de decembro de 2007. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]