Melancholia

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Melancholia
Logo do filme.
Ficha técnica
Título orixinalMelancholia
DirectorLars von Trier
ProdutorMeta Louise Foldager
Louise Vesth
GuiónLars von Trier
IntérpretesKirsten Dunst
Charlotte Gainsbourg
Kiefer Sutherland
Alexander Skarsgård
Brady Corbet
Cameron Spurr
Charlotte Rampling
Jesper Christensen
John Hurt
Stellan Skarsgård
Udo Kier
MúsicaRichard Wagner
FotografíaManuel Alberto Claro
MontaxeMolly Malene Stensgaard
EstudioZentropa
DistribuidoraNordisk Film
Estrea2011
Duración130 minutos
OrixeDinamarca Dinamarca
Francia
XéneroDrama, Ficción científica
Orzamentokr 52 500 000
Recadación$15 946 321
Na rede
http://www.melancholiathemovie.com/
IMDB: tt1527186 Filmaffinity: 131917 Allocine: 173873 Rottentomatoes: m/melancholia_2011 Mojo: melancholia Allmovie: v538080 TCM: 798230 Metacritic: movie/melancholia TV.com: movies/melancholia Netlix: 70184165Editar o valor em Wikidata

Melancholia é un filme franco-dinamarqués dirixido por Lars von Trier que se estreou no 2011. O argumento xira en torno a dúas irmás durante e pouco despois da voda dunha delas, mentres que un planeta interestelar está a piques de colidir coa Terra. A inspiración inicial de Von Trier para o filme veu dun episodio de depresión que sufriu e a idea de que as persoas deprimidas permanecen pacíficas en eventos catastróficos. A rodaxe tivo lugar en Suecia.

Melancholia conta con música do preludio da ópera de Richard Wagner Tristan und Isolde (dende 1857 até 1859). É a segunda entrega na triloxía non oficial de Von Trier titulada "Depression Trilogy" (en galego Triloxía da Depresión), precedida por Antichrist e seguida por Nymphomaniac.[1]

Sinopse[editar | editar a fonte]

O filme comeza cunha secuencia introdutoria envolvendo as personaxes principais e imaxes dende o espazo e introducindo moitos leitmotivs do filme. Estes son motivos creados virtualmente que revelan elementos clave do filme: Justine a noiva en profunda melancolía con paxaros caendo detrás dela; dun céspede con árbores e un reloxo de sol con dúas sombras diferentes; Cazadores na neve de Pieter Brueghel o Vello (adoito empregado coa interpretación dunha idealizada nostalxia) ardendo; o campo de golf inexistente (limbo)[2] e o cabalo negro caendo catastroficamente a cámara lenta (batalla ego, superego e id); Justine vestida de noiva sendo arrastrada por un río; e ela freada polo vestido; e finalmente Justine e o seu sobriño construíndo a súa máxica cova antes de que a Terra colida con Melancholia converténdose nun.[3]

Justine (Kirsten Dunst) e Michael (Alexander Skarsgård) celebran a súa voda cunha suntuosa festa en casa da súa irmá (Charlotte Gainsbourg) e o seu cuñado (Kiefer Sutherland). Mentres tanto, o planeta Melancolía diríxese cara á Terra.

Personaxes[editar | editar a fonte]

Galardóns e nomeamentos[editar | editar a fonte]

  • 2011: Premios do Cine Europeo: Mellor filme, fotografía e deseño de produción. 8 nomeamentos.
  • 2011: Festival de Cannes: Mellor actriz (Kirsten Dunst).
  • 2011: Premios Cesar: Nomeado a Mellor filme estranxeiro.
  • 2011: Independent Spirit Awards: Nomeado a Mellor filme estranxeiro.
  • 2011: Asociación de Críticos dos Ánxeles: Nomeada a mellor actriz (Dunst).
  • 2011: Premios Goya: Nomeada a Mellor filme europeo.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Chris Knight. "Nyphomaniac, Volumes I and II, reviewed: Lars von Trier’s sexually graphic pairing will titillate, but fails to satisfy". Consultado o 15 de agosto de 2014. 
  2. "Copia arquivada". Arquivado dende o orixinal o 29 de setembro de 2015. Consultado o 31 de outubro de 2015. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]