Matthias Grünewald

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaMatthias Grünewald

Editar o valor em Wikidata
Nome orixinal(de) Mathias Grünewald Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacementoc. 1480 (Gregoriano) Editar o valor em Wikidata
Würzburg Editar o valor em Wikidata
Morte31 de agosto de 1528 Editar o valor em Wikidata (47/48 anos)
Halle (Saale) Editar o valor em Wikidata
Causa da mortePeste Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeAlemaña Editar o valor em Wikidata
Grupo étnicoPobo alemán Editar o valor em Wikidata
RelixiónIgrexa católica Editar o valor em Wikidata
Actividade
Campo de traballoPintura Editar o valor em Wikidata
Lugar de traballo Bingen
Frankfurt
Aschaffenburg Editar o valor em Wikidata
Ocupaciónpintor , debuxante , Mestre de obras , arquitecto , enxeñeiro , debuxante arquitectónico Editar o valor em Wikidata
Xénero artísticoArte sacra e figure (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
MovementoRenascimento alemão (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
AlumnosHans Grimmer (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
LinguaAlto-alemão médio (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Obra
Obras destacables

Musicbrainz: 0cd491bb-3ced-4dbc-b0cb-178fc4d7eb11 Discogs: 2268348 Find a Grave: 9115220 Editar o valor em Wikidata

Matthias Grünewald (de nome real probábel Mathis Gothart Nithart), naceu talvez en Wurtzbourg, en Baviera, cara 14751480 e morreu en Halle, en Saxe-Anhalt, en 1528, foi un pintor e enxeñeiro hidráulico alemán do Renacemento, contemporáneo de Albrecht Dürer.

Biografía[editar | editar a fonte]

A identidade do pintor[editar | editar a fonte]

Retablo de Issenheim, A encarnación do fillo de Deus («Concerto dos Anxos»)
c. 1512-1515, Óleo sobre táboa
Museo de Unterlinden, Colmar

A identidade de Matthias Grünewald é aínda incerta. Este nome foille posto, de xeito un tanto arbitrario, por Joachim von Sandrart (1606–1688), «o Vasari alemán», que, logo de case un século de esquecemento pouco menos que total, redescúbreo e fala del no seu voluminoso Teutsche Academie der Edlen Bau-, Bild- und Mahlerey-Künste (Enciclopedia dos arquitectos, escultores e pintores alemáns) de 1675. Por outra banda, coñécenselle varios tipos de sinaturas – MGN con G en M, e N lateral ; MGN con G en M, e N superposta; MG con G en M e mais Mathis — que contribúen á confusión que existe sobre o seu nome auténtico: chamábase Gothart — o piadoso — apelidado Neithart — o tristeiro — ou á inversa?. Outros documentos testemuñan os seus contratos como enxeñeiro hidráulico para o xove arcebispo de Mainz, Albrecht de Brandenbourg (1490-1545) ou, tamén, para o arcebispo Uriel von Gemmingen de Aschaffenbourg, nos que tanto é denominado Gothart, como Neithart. Eses mesmo contratos mostran, por outra banda, que as competencias como enxeñeiro deben ser entendidas nun sentido laxo, pois van desde o perforado para pozos, como a instalación de bombas e mesmo a construción dun fogón.

A obra[editar | editar a fonte]

Atribúense na actualidade, con certeza, a Matthias Grünewald dez obras, das cales varias son polípticos, e 35 debuxos, que andan repartidas en varias coleccións europeas e americanas. O primeiro dos seus lenzos, de autoría incontestada, é o emotivo "Ultraxe de Cristo", datado no ano 1503 e conservado na Alte Pinakothek de Múnic, que estilisticamente está ben achegado á pintura gótica tardía do val do Rhin. Mais a súa obra máis célebre é, sen dúbida, o retablo de Issenheim, que é obra emblemática das coleccións do Museo de Unterlinden en Colmar.

O seu universo pictórico[editar | editar a fonte]

1515

A obra de Grünewald, de temática exclusivemente relixiosa, tanto no que sobrevive, como no que chegou a nós por testemuñas, pertence á época de transición entre o gótico tardío e o Renacemento, e está marcada por un misticismo que bordea, ás veces, o alucinatorio. Devela un simbolismo tomado directamente das visións de santa Bríxida de Suecia, entón moi lidas. A riqueza en escenas estrañas, cheas de detalles apenas comprensíbeis e transcendidos por unha técnica cegadora, tanto a nivel de acabados cromáticos como nos volumes, nos relevos e nas superficies, é acompañado dun manexo moi libre e desconcertante das perspectivas e as relacións de tamaños que contribúen a aumentar o efectivismo. Esta dicotomía entre técnica e construción do espazo, que culmina no panel central do retablo de Issenheim, cuxa parte esquerda é comunmente denominada O concerto dos anxos, non se puido explicar satisfactoriamente até que foron redescubertos os escritos da devandita mística sueca, máis ou menos pola mesma época en que Fraenger redescubría «O martelo das bruxas» para reinterpretar a Hieronymus Bosch, artista ao que se ten comparado Grünewald, pola riqueza do imaxinario fantástico e a fascinación pola crueldade, e todo aquilo que hai en común entre o minucioso e gracioso flamengo e o alemán, nidiamente máis físico e plástico, sobre todo na facilidade de planeamento indicado antes. Mais Grünewald é máis que nada famoso polas súas visións punzantes do sufrimento de Cristo, especialmente nas súas catro crucifixións: as de Basilea, Washington DC, Colmar e Karlsruhe , ás que o seu Escarnio de Cristo (Múnic) ou o Cristo con a cruz ás costas (Karlsruhe), non lles ceden máis que un pouco en termos de énfase e violencia crúa.

Influencia[editar | editar a fonte]

Non se coñecen discípulos nin sucesores directos do seu taller, porén Grünewald inspirou a algúns pintores expresionistas do século XX e outros, así Max Beckmann, Otto Dix (que estivo preso durante a primeira guerra mundial preto de Colmar), Picasso (na serie das Crucifixións), Max Ernst (Tentaciónn de Santo Antonio) e Francis Bacon (Tres estudos de figuras ao pé dunha crucifixión).

O grande compositor alemán Paul Hindemith dedicou ao artista unha das súas óperas máis ambiciosas, Mathis der Maler (Mathis o pintor), o que lle valeu ser cualificado polos nazis de «bolxevique musical», o que o fixo exiliarse aos Estados Unidos de América.