Masuria

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:Xeografía políticaMasuria
Imaxe

Localización
Editar o valor em Wikidata Mapa
 53°35′00″N 21°05′10″L / 53.583333, 21.086111Coordenadas: 53°35′00″N 21°05′10″L / 53.583333, 21.086111
EstadoPolonia
VoivodatosVarmia e Masuria Editar o valor em Wikidata
CapitalEłk (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Xeografía
Superficie10.000 km² Editar o valor em Wikidata
Altitude312 m Editar o valor em Wikidata

Masuria ou Mazuria[1] (en polaco Mazury, en alemán Masurenland) é unha antiga rexión do sur da Prusia Oriental, poboada desde o século XII principalmente por eslavos mazovios dos cales recibiu o nome, aínda que logo foi incorporada a Alemaña, pasando a formar parte de Polonia tras a segunda guerra mundial.

Historia[editar | editar a fonte]

Tribos bálticas contra o ano 1200.
Situación de Masuria na Polonia actual.

Antes do século XII gran parte do seu daquela moi boscoso e pantanoso territorio (case inhabitábel coa tecnoloxía desa época) estaba poboado polos bálticos prusianos e, en menor medida, por algunhas tribos eslavas antecesoras dos polacos.

Despois do século XII os señores feudais alemáns, en especial os da Orde Teutónica, fundaron castelos no extremo sur do territorio dos prusianos bálticos que logo sería chamado Masuria xa que os mesmos conquistadores alemáns atraeron a poboadores rurais polacos procedentes da Mazovia para repoboar os territorios que foran despoboados durante a cruzada báltica no sur da Prusia Oriental.

Unha característica dos masurios é que, tras a Reforma protestante, a diferenza da maioría dos outros polacos que se mantiveron católicos, o grupo dos masurios aceptou en xeral o luteranismo, o cal facilitou a súa xermanización ideolóxica; porén os masurios mantiveron o seu dialecto do polaco até a primeira metade do século XX.

Durante a primeira guerra mundial a zona de Masuria foi un dos máis importantes teatros bélicos xa que as forzas do Imperio ruso foron derrotadas na Batalla dos Lagos Masurios polos exércitos alemáns.

En 1918, tras o fin da primeira guerra mundial, o entón restablecido estado polaco (Segunda República de Polonia) reclamou gran parte de Masuria por motivos étnicos baseados en gran parte no idioma; tras fin das arbitraxes, laudos e referendos nos que Polonia propoñía a integración ao seu estado os territorios máis coñecidos desde o século XII polos nomes alemáns de Allestein —hoxe en polaco: Olsztyn— e Marienwerder —hoxe en polaco: Kwidzyn— (case toda a Masuria, especialmente no seu centro, sur e leste) os territorios masurios mantivéronse en poder de Alemaña excepto a pequena zona extrema do sur chamada polos alemáns Sudau, que pasou a ser parte do estado polaco.

Explícase o éxito dos alemáns nos plebiscitos da rexión masuriana entre 1918 e 1920 pola luteranización dos polacos masurios, e porque a inicios do século XX, en vistas á primeira guerra mundial, as autoridades alemás desenvolveron unha política de captación cara aos masurios, dado o valor estratéxico do territorio en que habitaban.

Tras a segunda guerra mundial, en 1945, estableceuse a actual fronteira polaca, pola cal toda a Masuria pasou a formar parte do actual Estado de Polonia.

Lagos[editar | editar a fonte]

Panorama do lago Mamry

Panorama do lago Mamry

Masuria e o seu distrito dos lagos son coñecidos en polaco como Kraina Tysiąca Jezior e en alemán como Land der Tausend Seen, que significan Terra dos mil lagos. Estes lagos formáronse durante a época glacial do plistoceno, cando o xeo cubría gran parte do norte de Europa.

Son un sitio idóneo para navegar, xa que moitos lagos están conectados entre si mediante canles artificiais.

Os lagos máis grandes son o Śniardwy e o Mamry.

Principais cidades[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Ver acepción de "Olsztin". Editorial Galaxia, ed. (2007). Diciopedia do século 21 3. Isaac Díaz Pardo, Víctor F. Freixanes, Antón Mascato (edición). p. 1511. ISBN 9788482893600. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]