Masacre de Columbine

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Coordenadas: 39°36′12″N 105°04′29″O / 39.60333, -105.07472

Vista aérea do instituto de Columbine.

O masacre de Columbine foi un tiroteo nun colexio que ocorreu o 20 de abril de 1999, no instituo de Columbine,[1][2] no estado de Colorado. Ademais do tiroteo, o plan incluía un ataque con bombas para facer estoupar os extintores, con tanques de propano dispostos na cafetería e 99 dispositivos explosivos. Os perpretadores foron os estudantes Eric Harris e Dylan Klebold, que asasinaron 12 alumnos e un mestre. Tamén feriron outras 21 persoas, e tres máis que resultaron feridas cando tentaban escapar do colexio. Despois, ámbolos dous cometeron suicidio.[3][4]

Malia que os motivos non quedaron claros, crese que pretendían rivalizar e superar o atentado de Oklahoma City, así como outros incidentes mortais que ocorreron nos Estados Unidos na década de 1990. O ataque foi descrito polo USA Today como un "ataque suicida [que foi] planeado como un ataque terrorista de bombardeos errado."[5] O masacre foi considerado como o máis "sanguento tiroteo na historia dos Estados Unidos."[6]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Columbine High School". Consultado o 21 de abril de 2015. 
  2. "columbine high school shootings". Consultado o 21 de abril de 2015. 
  3. Lamb, Gina (17 de abril de 2008). "Columbine High School". The New York Times. 
  4. Donaldson James, Susan (13 de abril de 2009). ABC News, ed. "Columbine Shootings 10 Years Later: Students, Teacher Still Haunted by Post-Traumatic Stress". 
  5. "10 years later, the real story behind Columbine". 14 de abril de 2009. 
  6. Aviva Shen (14 de decembro de 2012). ThinkProgress, ed. "A Timeline Of Mass Shootings In The US Since Columbine". Arquivado dende o orixinal o 30 de abril de 2016. Consultado o 12 de decembro de 2014. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]