Maryse Bastié

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaMaryse Bastié

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento(fr) Marie-Louise Bombec Editar o valor em Wikidata
27 de febreiro de 1898 Editar o valor em Wikidata
Limoges, Francia Editar o valor em Wikidata
Morte6 de xullo de 1952 Editar o valor em Wikidata (54 anos)
Bron, Francia Editar o valor em Wikidata
Causa da morteMorte accidental Editar o valor em Wikidata (Accidente ou incidente de aviación Editar o valor em Wikidata)
Lugar de sepulturaCemiterio de Montparnasse, 6 Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeFrancia Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónaviadora , membro da resistencia francesa Editar o valor em Wikidata
EmpregadorFrench DGA Flight Test Centre (en) Traducir (1951–1952) Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua francesa Editar o valor em Wikidata
Carreira militar
Rama militarForza Aérea de Francia Editar o valor em Wikidata
Rango militarcapitán Editar o valor em Wikidata
ConflitoSegunda guerra mundial Editar o valor em Wikidata
Premios
Sinatura
Editar o valor em Wikidata

Find a Grave: 7301 Editar o valor em Wikidata

Maryse Bastié, nada o 27 de febreiro de 1898 e finada o 6 de xullo de 1952, foi unha aviadora francesa.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Veu ó mundo en Limoges co nome de Marie-Louise Bombec, o seu pai morreu cando ela tiña dez anos e para sobrevivir tivo que poñerse a traballar nunha zapatería en canto tivo idade, os seus recursos económicos eran escasos, un matrimonio fracasado deixáralle un neno. Casou de novo cun piloto militar, Louis Bastié, a quen coñeceu como madriña de guerra durante a primeira guerra mundial, adoptou o seu apelido consonte á norma francesa da época e quedou fascinada co mundo da aviación. O 15 de outubro de 1926 o seu compañeiro morreu nun accidente de aviación, ela xa con licenza de piloto desde 1925 non renunciou a pilotar e comezou a facer voos acrobáticos para gañar diñeiro e en 1927 mercou o seu propio aparello, un Caudron C.109.

Plusmarcas[editar | editar a fonte]

Nos anos seguintes bateu todos os récords femininos de aviación ata totalizar dez. En 1929 permaneceu no aire 26 horas e 46 minutos, o cal constituíu un novo récord feminino, ó ano seguinte bateu o seu propio récord ata deixalo en 37 horas e 55 minutos. En 1931 bateu o récord de distancia feminina establecendo en 2.976 km.

Morreu no decurso dun festival aéreo en Lión ó engalar cun prototipo do Noratlas 2500 que se estrelou.