Mario Casas

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaMario Casas

(2017) Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento12 de xuño de 1986 Editar o valor em Wikidata (37 anos)
A Coruña, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
ResidenciaA Coruña
Esparreguera
Madrid Editar o valor em Wikidata
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Altura1,8 m Editar o valor em Wikidata
Cor dos ollosCastaño Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónactor , actor de televisión , actor de cinema , modelo , director de cinema Editar o valor em Wikidata
Período de actividade2005 Editar o valor em Wikidata -
LinguaLingua castelá e lingua catalá Editar o valor em Wikidata
Familia
IrmánsÓscar Casas Editar o valor em Wikidata
Premios

Páxina webmariocasas.org Editar o valor em Wikidata
IMDB: nm1832584 Allocine: 165328 Allmovie: p501048
Facebook: mariocasas Twitter: mario_casas_ Instagram: mario_houses Editar o valor em Wikidata

Mario Casas Sierra, nado na Coruña o 12 de xuño de 1986, é un actor galego.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Nado no barrio coruñés da Sardiñeira, en 1994 marchou vivir a Barcelona coa súa familia. Alí comezou a traballar en publicidade, ata que a finais do 2003 marchou estudar teatro a Madrid. En 2006 participa en SMS unha serie emitida en La Sexta. Nese mesmo ano Casas debuta no cine co filme El camino de los ingleses, dirixido por Antonio Banderas, mais a súa sona acadaríaa grazas á súa participación na serie de televisión española Los hombres de Paco.

No 2009 foi protagonista de dous dos filmes españois de máis éxito en recadación do ano; Fuga de cerebros, coprotagonizada con Amaia Salamanca, e mais Mentiras y gordas canda Yon González, Ana María Polvorosa, Ana de Armas e mais Hugo Silva. Ámbalas dúas conseguiron lideralo portelo nacional durante a fin de semana da súa estrea.

Vida persoal[editar | editar a fonte]

Viviu en Collbató e Esparreguera (Barcelona). Foi relacionado sentimentalmente coa tamén actriz Amaia Salamanca, coa que protagonizou Fuga de cerebros. Ten dous irmáns que, coma el, son actores; Christian Casas e Óscar Casas, e mais unha irmá; Sheila Casas.

En 2009 empezou unha relación coa tamén actriz María Valverde Rodríguez, coñecéndose ó coincidir na rodaxe da película La mula, que se estreou en maio de 2013, debido a diversos problemas.[1]

Filmografía[editar | editar a fonte]

Cinema[editar | editar a fonte]

Ano Título Personaxe Director Notas
2006 El camino de los ingleses Moratalla Antonio Banderas
2009 Fuga de cerebros Emilio Carbajosa Benito Fernando González Molina
Mentiras y gordas Toni Alfonso Albacete e David Menkes
2010 Tres metros sobre el cielo Hugo Olivera Castro (H) Fernando González Molina
2011 Carne de neón Ricky Paco Cabezas
2012 Tengo ganas de ti Hugo Olivera Castro (H) Fernando González Molina
Grupo 7 Ángel Lares Pacheco Alberto Rodríguez
2013 Ismael Félix Ambrose Marcelo Piñeyro
Las brujas de Zugarramurdi Antonio "Tony" Álex de la Iglesia Premio Feroz ao mellor actor secundario
La mula Juan Castro Michael Radford Premio do Festival de Málaga ao mellor actor protagonista
2014 Eden Félix Arella Shyam Madiraju
2015 Palmeras en la nieve Kilian Fernando González Molina
Mi gran noche Adanne Álex de la Iglesia Premio Feroz ao mellor actor de elenco
The 33 Álex Vega Patricia Riggen
2016 Toro Christian Toro Kike Maíllo
2017 Contratiempo Adrián Doria Oriol Paulo
El bar Nacho Álex de la Iglesia
2018 Bajo la piel de lobo Martinon Samu Fuentes
El fotógrafo de Mauthausen Francesc Boix Mar Targarona
2019 Adiós Juan Santos Paco Cabezas
2020 Hogar Tomás David Pastor e Álex Pastor Filme para Netflix
El practicante Ángel Hernández Carles Torras
No matarás Dani David Victori Premio Feroz ao mellor actor protagonista
Premio Goya ó mellor actor protagonista

Televisión[editar | editar a fonte]

Ano Título Canle Personaxe Notas
2005 Obsesión La 1 Nicolás «Nico» Castillo 20 episodios
2006 - 2007 SMS laSexta Javier «Javi» Llorens 184 episodios
2007 - 2021 Los hombres de Paco Antena 3 Aitor Carrasco Menéndez 79 episodios
2011 - 2013 El barco Antena 3 Ulises Garmendia 39 episodios
2018 Paquita Salas Netflix El mesmo 1 episodio
2019 Instinto Movistar+ Marco Mur Seco 8 episodios
2021 El inocente Netflix Mateo «Mat» Vidal Rivera 8 episodios

Curtametraxes[editar | editar a fonte]

Ano Título Personaxe Director
2007 Sintonía diario Pop Iván Guillermo Mieza
2009 Paco Paco Jorge Roelas
2010 Dinero fácil Jaime Carlos Montero
2010 La wikipeli 2: Miedo Sergio Jaume Balagueró
2014 A Lonely Sun Story Óscar Juanma Suárez
2021 Amor a primera vista El mesmo Ian Pons Jewell

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]