Marcial del Adalid

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Marcial del Adalid
Retrato de Marcial del Adalid.
Nacemento24 de agosto de 1826
Lugar de nacementoA Coruña
Falecemento16 de outubro de 1881
Lugar de falecementoLóngora
Soterradocemiterio de Santo Amaro da Coruña
NacionalidadeEspaña
Ocupacióncompositor
PaiFrancisco del Adalid y Laredo
CónxuxeFanny Garrido
FillosMaría del Adalid
Na rede
Last fm: Marcial+del+Adalid Musicbrainz: 5d076b25-05a2-44a8-bd12-c86a43e83614 IMSLP: Category:Adalid,_Marcial_del Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]

Marcial del Adalid Gurrea, nado na Coruña o 24 de agosto de 1826 e finado en Lóngora (Liáns, Oleiros) o 16 de outubro de 1881, foi un compositor musical galego. É considerado o pai do xénero da melodía galega.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Pazo de Lóngora, residencia de Marcial del Adalid.

Comezou os seus estudos musicais na súa cidade natal, onde empezou xa a compor. En 1844 viaxou a París coa intención de estudar con Frédéric Chopin, pero isto non chegou a suceder. Trasladouse a Londres, onde entre 1844 e 1849 estudou con Ignaz Moscheles. De volta a París, parece ser que recibiu consellos de Liszt. De volta a España viviu algúns anos en Madrid e viaxou logo a París, onde intentou infrutuosamente estrear a súa ópera Inese e Bianca, con libreto italiano de Achille de Lauzières. Esta ópera, a primeira obra deste xénero en galego, foi estreada modernamente pola Universidade da Coruña o 21 de abril de 2007 en versión de concerto. Retirouse despois ó seu pazo de Lóngora, onde residiu compoñendo ata a súa morte, un tanto apartado da vida musical. Está considerado como o pai da canción clásica galega.

Obra[editar | editar a fonte]

A súa obra está principalmente composta para piano e voz, e amosa unha grande influencia de Chopin e Charles Gounod. Musicou moitos dos poemas da súa dona, a escritora Fanny Garrido. Tamén se interesou pola música galega e reuniu folclore galego para o cancioneiro de José Inzenga. En 1877 publicou os seus primeiros cadernos da colección Cantares viejos y nuevos de Galicia, a súa obra mais interpretada. A publicación non finalizou ata despois da súa morte, chegando a vinte seis cancións, quince delas orixinais e nove harmonizacións de melodías tradicionais. Maurice Ravel empregou o seu Adios meu meniño, adios na súa Chanson espagnole, incluíndo o texto galego como alternativa ao francés.

Obra escénica[editar | editar a fonte]

Orquestra[editar | editar a fonte]

  • Varias marchas para orquestra.
  • Serenata para orquestra de cordas.

Piano[editar | editar a fonte]

  • 3 sonatas.
  • 2 Sonatinas para piano a catro mans.
  • Nocturnos.
  • Baladas.
  • Impromptus.
  • Elexías.
  • Romanzas sen palabras.

Música de cámara:

Rúa Marcial del Adalid na Coruña.

Cancións[editar | editar a fonte]

Legado[editar | editar a fonte]

A súa única filla e herdeira, María del Adalid, por consello de Félix Estrada Catoyra, depositou o 12 de decembro de 1928 na Real Academia Galega a biblioteca e arquivo do seu pai.[1] En palabras de Xosé Ramón Barreiro, supón "Un fondo musical único e valiosísimo, máis importante ca o da Biblioteca Nacional".[2]

Recoñecementos[editar | editar a fonte]

A Real Academia Galega de Belas Artes ‘Nosa Señora do Rosario’ entrega a Medalla de Oro ‘Marcial del Adalid’ a institucións e músicos non profesionais.

Galería de imaxes[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]