Manuel Portela Valladares

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaManuel Portela Valladares

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento31 de xaneiro de 1867 Editar o valor em Wikidata
Pontevedra, España Editar o valor em Wikidata
Morte29 de abril de 1952 Editar o valor em Wikidata (85 anos)
Bandol, Francia Editar o valor em Wikidata
Deputado nas Cortes republicanas
29 de febreiro de 1936 – 2 de febreiro de 1939

Circunscrición electoral: Pontevedra
Minister of the Treasury of Spain (en) Traducir
30 de decembro de 1935 – 19 de febreiro de 1936
← Joaquín ChapaprietaManuel Rico Avello (en) Traducir →
Presidente do Consello de Ministros
14 de decembro de 1935 – 19 de febreiro de 1936
← Joaquín ChapaprietaManuel Azaña →
Ministro de Gobernación
3 de abril de 1935 – 14 de decembro de 1935
← Eloy Vaquero Cantillo (pt) TraducirJoaquín de Pablo-Blanco Torres →
Q5881779 Traducir
10 de xaneiro de 1935 – 23 de abril de 1935 – Joan Pich i Pon (en) Traducir →
Deputado nas Cortes republicanas
1 de setembro de 1931 – 9 de outubro de 1933
← Daniel Vázquez Campo

Circunscrición electoral: Lugo (en) Traducir
Deputado nas Cortes republicanas
10 de xullo de 1931 – 24 de xullo de 1931 – Rafael de Vega Barrera →

Circunscrición electoral: Lugo (en) Traducir
Ministro de Fomento de España
15 de setembro de 1923 – 3 de decembro de 1923
← Rafael Gasset ChinchillaRafael Benjumea y Burín (pt) Traducir →
Civil governor of Barcelona (en) Traducir
2 de xullo de 1923 – 13 de setembro de 1923
← Francisco Barber SánchezCarlos de Lossada y Canterac (pt) Traducir →
Civil governor of Barcelona (en) Traducir
15 de novembro de 1910 – 15 de outubro de 1912
← Buenaventura Muñoz Rodríguez (en) TraducirJuan Sánchez Anido → Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Formación profesionalDereito
EducaciónUniversidade de Santiago de Compostela Editar o valor em Wikidata
Actividade
Lugar de traballo Madrid Editar o valor em Wikidata
Ocupaciónhistoriador , xurista , político , avogado Editar o valor em Wikidata
Partido políticoPartido Democrático Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata
Familia
CónxuxeClotilde Puig i Mir

Manuel Portela Valladares, nado en Pontevedra o 31 de xaneiro de 1867 e finado en Bandol (Francia) o 29 de abril de 1952, foi un político liberal de ideoloxía centrista. Foi ministro durante o reinado de Afonso XIII e chegou a ser presidente do goberno durante a II República Española.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Fillo de Juan Portela Dios e Teresa Valladares Rial, quedou orfo de pai con só dez anos. Foi porfillado pola súa tía, Juana Portela Dios, muller do impresor José Vilas García. Este matrimonio gozaba dunha situación económica desafogada, o que lle permitiu estudar no colexio dos xesuítas de Camposancos na Guarda, para posteriormente seguir a carreira de Dereito na Universidade de Santiago de Compostela. Durante a súa etapa universitaria faleceu o seu tío José Vilas, e herdou unha parte importante da súa fortuna. Graduouse en 1889 na universidade compostelá. Ata 1899 residiu na súa vila natal, onde traballou como redactor do Diario de Pontevedra, exerceu de xuíz municipal e foi decano do Colexio de Avogados.

En 1898, con 31 anos, conseguiu praza como rexistrador da propiedade en Madrid. Instalado en Madrid, entrou no mundo da política da man de Montero Ríos sendo elixido deputado a Cortes polo distrito de Fonsagrada nas eleccións de 1905. Volveu ser elixido en 1907 e 1910 polo mesmo distrito. En 1909 foi fundador, xunto con outros intelectuais e políticos, da Liga Agraria de Acción Gallega que liderou Basilio Álvarez, con quen o uniu unha grande amizade.

Home de confianza de José Canalejas, foi nomeado en 1910 Gobernador Civil de Barcelona e dous anos máis tarde fiscal do Tribunal Supremo. En 1913 contraeu matrimonio coa aristócrata catalá Clotilde Puig i Mir, que lle deu o título de Conde de Brías e lle proporcionou unha importante fortuna. O matrimonio separouse en 1937 cando Clotilde Puig renegou do enlace na prensa franquista[1].

Portela cara a 1912.

Despois de concentrarse nos negocios particulares, a comezos da década de 1920 volveu impulsar a súa carreira política posicionándose a favor do abolicionismo dos foros gañando gran popularidade. Paralelamente comezou o seu achegamento ás posicións do galeguismo. En 1923 exerceu como ministro de Fomento do último gabinete liberal de García Prieto anterior á ditadura de Primo de Rivera. Apartado da política, xubilouse como rexistrador da propiedade e chegou durante os anos 20 ao cumio na súa carreira dentro da masonería. Doutra banda, en 1924 fundou en Vigo El Pueblo Gallego[2], periódico democrático que abriu as portas a intelectuais republicanos e galeguistas e fixo campaña a prol dunha rexeneración da vida política española. En 1930, Portela Valladares foi un dos asinantes do chamado Pacto de Barrantes, no que participaron os máis destacados líderes republicanos e nacionalistas do momento, entre eles Alfonso Daniel Rodríguez Castelao, con quen compartía a necesidade de autonomía para Galicia e a quen o uniría unha mutua relación de amizade e confianza.

Durante a República foi elixido parlamentario por Lugo nas eleccións de 1931 co Partido Agrario Republicano Autonomista e nas eleccións de febreiro de 1936 pola provincia de Pontevedra co Partido de Centro Democrático.

En 1935, baixo o goberno dereitista de Alejandro Lerroux, foi gobernador xeral de Cataluña (entre marzo e abril de 1935) e ministro da Gobernación en dúas ocasións. A finais de ano, o presidente da república Alcalá Zamora encomendoulle a presidencia do Goberno. O goberno centrista que presidiu exerceu as súas funcións ata a toma de posesión en febreiro de 1936 do goberno resultante das eleccións xerais. Consciente da polarización política en dous bloques, tentou artellar unha alternativa centrista co Partido do Centro Democrático que acadou o 3,5% dos sufraxios. Coñecido o escrutinio e a pesar das presións golpistas dos grupos dereitistas recoñeceu a vitoria da Fronte Popular e entregou o poder ós vencedores lexítimos o 19 de febreiro.

Tras estalar ese mesmo ano a guerra civil, Portela Valladares permaneceu leal á República, sendo fiel á súa ideoloxía liberal e reformista. Dende Barcelona, onde o colleu a sublevación do 18 de xullo de 1936, retirouse a Niza, para posteriormente retornar a España e ofrecer os seus servizos ó goberno republicano de Juan Negrín. Participou nas cortes de Valencia reunidas en outubro de 1937. Durante a guerra sufriu unha campaña de desprestixio nos medios por parte dos sublevados: durante as alocucións radiofónicas de Queipo de Llano foi vítima de duros e reiterados ataques, en xullo de 1936 foille expropiado El Pueblo Gallego (do que era propietario) e, por non ceder o poder aos militares tras as eleccións gañadas pola Fronte Popular, foi cualificado de "traidor" e "covarde" na prensa franquista[3].

Finalizada a contenda en 1939, viuse obrigado a saír de novo para Francia residindo ata a invasión alemá en Neuilly-sur-Seine, na área metropolitana de París. Logo da ocupación trasladouse a Marsella e Cassis (Bocas do Ródano) onde foi rexistrado e interrogado varias veces pola Gestapo a partir de 1943, e foi detido durante unha semana. Aínda que o réxime franquista instalado en España solicitou a súa extradición en 1941 alegando delitos económicos, esta non foi concedida. Finalizada a segunda guerra mundial, retomou o seu labor político adheríndose ao Consello de Galiza fundado por Castelao en 1945. Ademais, dende 1939 e ata a súa morte, actuou como presidente do trust (fideicomiso) domiciliado en Londres que xestionaba os haberes do Servicio de Evacuación de Refugiados Españoles, por decisión de Negrín. Pasou os seus derradeiros anos de vida en Bandol (Var), onde en 1947 foi visitado por Castelao e mantivo unha relación epistolar con diferentes políticos e persoeiros galegos e republicanos españois. Faleceu o 29 de abril de 1952, sendo, por expreso desexo, incinerado e enterrado en Bandol, no seu testamento reafírmase na súa ideoloxía liberal e amor por Galicia, deixando como herdeiro dos seus bens ao Museo de Pontevedra[4].


Segunda República española

Segue a:
Joaquín Chapaprieta
Manuel Portela Valladares
Precede a:
Manuel Azaña
Presidente do Goberno de España

Obra[editar | editar a fonte]

  • Ante el estatuto. Unificación y diversificación de las nacionalidades Edición do resumo da conferencia de 1932 por Manoel Carrete en Vento do Leste. Barcelona: Federación de Entidades Culturais Galegas de Catalunya.
  • Dietario (1936-1950). Edición de José Antonio Durán (1988): Dietario de dos guerras (1936-1950) : notas, polémicas y correspondencia de un centrista español. Sada, A Coruña: Ediciós do Castro.
  • Memorias (1952). Edición de José Antonio Durán (1988): Memorias dentro del drama español. Madrid: Alianza Editorial.
  • A Nosa Terra e Nós. Escritos en galego. Edición de Xosé Enrique Acuña (1992). Pontevedra: Casal.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. El Pueblo Gallego, 15-XII-1937, p. 10.
  2. Sarille, Xosé Manuel (2000). "Arximiro Rico, luz dos humildes". Sarmiento. Anuario Galego de Historia da Educación (Nº 4): 39–47. ISSN 1138-5863. 
  3. M. Pilar Mera Costas: Portela Valladares, el traidor. La imagen de un político liberal en la mitología del franquismo.
  4. "Je declare que mon espirit se maintient fidèle à la idéologie liberal, humaine, tolerante que je doit à la Galicie, mon pays bien aimée. [...] Je nome le Museo de Pontevedra, ma ville natale, mon legataire por tous les biens, titres, droites et actions civiles et criminelles a reclamer ou exercer dedans l'Espagne" Recollido por J.A. Durán en Dietario de dos guerras (1988), páxina 235.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]