Manuel Filiberto de Savoia-Aosta

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Manuel Filiberto de Savoia-Aosta
Príncipe de Asturias
II Duque de Aosta
Manuel Filiberto, duque de Aosta.

Nome completoEmanuele Filiberto Vittorio Eugenio Alberto Genova Giuseppe Maria di Savoia-Aosta
Outros títulosPríncipe de Savoia
Duque de Apulia
Nacemento13 de xaneiro de 1869
Xénova, Italia Italia
Falecemento4 de xullo de 1931
(62 anos)
Turín, Italia Italia
ConsorteHelena de Orleáns
(1895 - 1931)
Descendencia
  • Casa realCasa de Savoia
    ProxenitoresS.M. Amadeu I de España
    Princesa María Vitoria dal Pozzo della Cisterna

    Escudo de Manuel Filiberto de Savoia-Aosta
    Na rede
    WikiTree: Savoia-56 Find a Grave: 172159268 Editar o valor em Wikidata
    Manuel Filiberto en brazos da súa nai.

    Manuel Filiberto de Savoia-Aosta (en italiano: Emanuele Filiberto) nado en Xénova o 13 de xaneiro de 1869 e finado en Turín o 4 de xullo de 1931, foi un nobre italiano, II duque de Aosta, príncipe da Casa de Savoia, fillo do rei de España Amadeu I de España e da raíña consorte María Vitoria dal Pozzo della Cisterna.[1]

    Infancia e mocidade[editar | editar a fonte]

    Manuel Filiberto viviu a súa infancia entre Italia e España. Mentres os seus pais ocuparon o trono de España, ostentou a dignidade da súa Alteza Real e o título de Príncipe de Asturias. A morte da súa nai, ocorrida en 1876 en Turín, fíxolle herdeiro de todos os títulos desta, que quedaron adheridos á rama dos duques de Aosta. Así mesmo, tras a morte do seu pai, ocorrida en 1890, herdou o ducado de Aosta.

    Matrimonio e descendencia[editar | editar a fonte]

    Casado en Kingston-on-Thames o 25 de xuño de 1895 coa princesa Helena de Orleáns, con quen tivo dous fillos:

    Período militar e morte[editar | editar a fonte]

    O príncipe Manuel Filiberto serviu na Terceira Armada Italiana como comandante e foi nomeado Mariscal de Italia por Benito Mussolini en 1926. Faleceu en 1931 e está enterrado no Santuario Militar de Redipuglia, xunto a miles de soldados máis.

    Distincións honoríficas[editar | editar a fonte]

    Distincións honoríficas italianas[editar | editar a fonte]

    • Cabaleiro da Suprema Orde da Santísima Anunciación (1890).
    • Cabaleiro gran cruz da Orde dos Santos Mauricio e Lázaro (1890).
    • Cabaleiro gran cruz da Orde da Coroa de Italia (1890).
    • Cabaleiro gran cruz da Orde Militar de Savoia (28/12/1916).[2]
    • Cabaleiro da Orde Civil de Savoia.
    • Medalla de Ouro ao Valor Militar (24/06/1937).[3]

    Distincións honoríficas estranxeiras[editar | editar a fonte]

    Notas[editar | editar a fonte]

    1. Pirri, P. (1980). Pio IX e Vittorio Emanuele II dal loro carteggio privato (en italiano). Gregorian Biblical BookShop. ISBN 978-88-7652-434-9. 
    2. Sito web del Quirinale: dettaglio decorato.
    3. Espressione guerriera della millenaria stirpe sabauda, guidò con sicura fede ed incrollabile tenacia la « Invitta Armata » in undici battaglie sull’Isonzo, in quelle gloriose sul fiume sacro e nel travolgente inseguimento che portò il tricolore là ove il suo Re aveva fissato.
    4. Nobleza Mediterránea

    Véxase tamén[editar | editar a fonte]

    Outros artigos[editar | editar a fonte]

    Ligazóns externas[editar | editar a fonte]

    Predecesor:
    Afonso de Borbón
    Príncipe de Asturias
    1871 - 1873
    Sucesor:
    Isabel de Borbón
    Predecesor:
    Amadeu I
    Duque de Aosta
    Brasón dos Duques de Savoia-Aosta

    1890 - 1931
    Sucesor:
    Amadeu II