Mano Negra

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

A Mano Negra foi unha presunta "organización anarquista secreta e violenta" que actuou en Andalucía a finais do século XIX, á que se atribuíron asasinatos, incendios de colleitas e edificios.

Historia[editar | editar a fonte]

Aínda que os grupos anarquistas locais e a Federación de Traballadores da Rexión Española afirmaban que non tiñan nada que ver con dita organización, as forzas de seguridade, premidas polos terratenentes, levaron a cabo unha dura represión baseándose en catro crimes cometidos a finais de 1882 e os primeiros meses de 1883. O resultado foron quince campesiños detidos en San José del Valle (Cádiz), dos que sete foron executados na Praza do Mercado de Xerez da Fronteira o 14 de xuño de 1884. Foron Pedro Corbacho Lagos, Francisco Corbacho Lagos, Bartolomé Gago de los Santos, Manuel Gago de los Santos, Cristóbal Fernández Torrejón, José León Ortega i Gregorio Sánchez Novoa. Outros dezaoito procesados foron condenados a 17 anos de prisión.
O suceso foi cuberto por Leopoldo Alas "Clarín" para o xornal local El Día, que tamén comentou a situación dos campesiños andaluces.

Non está claro se a Mano Negra existiu ou se foi un invento a modo de operación de bandeira falsa ou de imputación inxustificada do goberno de Sagasta para aplacar as revoltas nos campos do sur de España, como xa insinuou Vicente Blasco Ibáñez en La Bodega, a súa novela sociolóxica, en 1905.[1]

Actualmente séguese revisando o caso, sobre todo por parte de colectivos, historiadores e xornalistas:

Ese interés abrumador por imputar a los anarquistas cualquier crimen con el fin de deteriorar la imagen del colectivo ha sido una constante en la historia de este país y de cualquier país.
Juan Madrid, historiador e xornalista, en referencia á Mano Negra[2].

Notas[editar | editar a fonte]

  1. La bodega
  2. "Diario bahía de Cádiz". Arquivado dende o orixinal o 19 de decembro de 2006. Consultado o 10 de decembro de 2007. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]