Malena Alterio

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaMalena Alterio

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento(es) Malena Grisel Alterio Editar o valor em Wikidata
21 de xaneiro de 1974 Editar o valor em Wikidata (50 anos)
Buenos Aires, Arxentina Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeArxentina
España Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónactriz Editar o valor em Wikidata
Período de actividade1995 Editar o valor em Wikidata -
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata
Familia
CónxuxeLuis Bermejo Prieto (pt) Traducir (–2017) Editar o valor em Wikidata
PaiHéctor Alterio Editar o valor em Wikidata
IrmánsErnesto Alterio Editar o valor em Wikidata
Premios

IMDB: nm0968559 Allocine: 227462 Allmovie: p393316
Instagram: malenaalterio_oficial Editar o valor em Wikidata

Malena Grisel Alterio Acaioca, coñecida artisticamente como Malena Alterio, nada en Buenos Aires o 21 de xaneiro de 1974, é unha actriz hispano-arxentina.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Filla de Héctor Alterio e irmá de Ernesto Alterio. Cando apenas contaba cuns meses a súa familia emigrou a Madrid. Malena estudou na escola de Cristina Rota. Tivo a súa primeira oportunidade no cine cunha comedia titulada El palo (2000), onde interpretaba a un personaxe dunha ladroa marxinal que se facía chamar pecho-lata. Ao ano seguinte era finalista aos Premios Goya na categoría de Mellor Actriz Revelación. A este traballo sumaríaselle os levados a cabo en Las voces de la noche (2003) e en As voces da noite (2004). En 2004 entregou o Goya de Honra ao seu pai, en compañía do seu irmán.

A fama chegoulle coa serie Aquí no hay quien viva na que interpretou durante tres anos o papel de Belén. Grazas ao éxito da serie, Malena obtivo o premio á Mellor actriz secundaria da Unión de Actores en 2004, unha candidatura aos Fotogramas de Prata en 2005 e o Premio á Mellor Actriz segundo a Academia de Televisión Española en 2005.

O 6 de xullo de 2006, Aquí no hay quien viva chegou ao seu fin por mor da compra do 15% da produtora por parte de Telecinco. Aquí no hay quien viva seguía sendo a serie máis vista de España e xunto con Los Serrano eran as únicas que superaban o 30% da audiencia.

En abril de 2007, Telecinco estreou La que se avecina na que Malena Alterio interpretou a Cristina durante a primeira tempada de 13 capítulos.

En 2008 interpretou sobre os escenarios madrileños a obra Tío Vania, de Antón Chéjov, e en agosto do mesmo ano estreouse a película nos cines de España Una palabra tuya no seu primeiro papel protagonista, xunto a outra actriz televisiva Esperanza Pedreño, a Cañizares da tamén exitosa serie de Telecinco Camera Café.

En 2009 estreouse Al final del camino, na que Malena é a protagonista da historia xunto a Fernando Tejero, con quen xa traballara en Aquí no hay quien viva. Deuse a noticia de que estaban comezando a rodar unha serie chamada Supercharly que se estrearía en Telecinco a principios de 2010, pero Telecinco decidiu atrasala ao verán do mesmo ano. A súa rodaxe cancelouse cando xa tiñan rodados 5 dos 13 capítulos da primeira tempada e emitiuse no verán de 2010.

En 2010, Malena estivo no Teatro Valle-Inclán coa obra Madre Coraje y sus hijos que se estreou o 11 de febreiro de 2010 e en principio ía terminar o 4 de abril pero se prorrogou ata o 11 de abril pola gran demanda de entradas para asistir á obra. Ese mesmo ano estreou a súa película Nacidas para sufrir onde interpretaba a unha monxa. Posteriormente involucrouse nunha nova serie de televisión para laSexta chamada BuenAgente, que se emitiu entre o 5 de maio e o 2 de decembro de 2011.

En 2010 tamén gravou en Alacant o filme Cinco metros cuadrados, protagonizada xunto a Fernando Tejero e Jorge Bosch, o cal estreouse nos cines logo de gañar 5 Biznagas de oro no XIV Festival de cine de Málaga. A película estreouse o 11 de novembro de 2011.

Este marzo de 2011, Malena alzouse co premio Fotogramas de Prata 2010 á Mellor Actriz de teatro, pola súa obra Madre Coraje y sus hijos.

A principios de 2012 rodou en Barcelona unha miniserie para Televisión Española de só dous episodios chamada Una carta para Evita, sobre a viaxe de Eva Perón a España en época de Franco e dirixida polo director de Pa negre Agustí Villalonga.

En 2012, Malena participa na obra teatral Los hijos se han dormido que é unha adaptación da obra dramática A gaivota de Anton Chejov.

Vida persoal[editar | editar a fonte]

É cuñada de Juana Acosta e parella de Luis Bermejo Prieto.

Filmografía[editar | editar a fonte]

Curtametraxes[editar | editar a fonte]

Longametraxes[editar | editar a fonte]

Series[editar | editar a fonte]

Teatro[editar | editar a fonte]

Premios[editar | editar a fonte]

Premios Goya
Ano Categoría Traballo Resultado
2001 Mellor actriz revelación El palo Candidata
Unión de Actores
Ano Categoría Traballo Resultado
2003 Mellor actriz secundaria de televisión Aquí no hay quien viva Gañadora
2008 Mellor actriz secundaria de teatro Tío Vania Gañadora
Fotogramas de Prata
Ano Categoría Traballo Resultado
2004 Mellor actriz de televisión Aquí no hay quien viva Candidata
2010 Mellor actriz de teatro Madre Coraje y sus hijos Gañadora
Helecho de Bronce
Ano Categoría Traballo Resultado
2005 Mellor actriz ou actor (xunto a seu pai Héctor Alterio e seu irmán Ernesto Alterio) Entre nosotros Gañadora
Premios ATV
Ano Categoría Traballo Resultado
2004 Mellor interpretación feminina Aquí no hay quien viva Gañadora
Festival Internacional de Cine Independente de Ourense
Ano Categoría Traballo Resultado
2002 Mellor interpretación feminina O Balancín de Iván Gañadora
Festival Solidario de Cine Español de Cáceres
Ano Categoría Traballo Resultado
2009 Mellor actriz Una palabra tuya Gañadora
Premios Turia
Ano Categoría Traballo Resultado
2011 Mellor actriz Cinco metros cuadrados Gañadora
Premios Mayte de Teatro
Ano Categoría Traballo Resultado
2009 Mellor interpretación teatral Tío Vania Candidata
Premios Pizquita Series
Ano Categoría Traballo Resultado
2011 Mellor interpretación feminina en serie cómica española BuenAgente Gañadora