Magnetita

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Magnetita
Fórmula químicaFe3O4
ClaseÓxidos
Sistema cristalinoCúbico
CorNegra
BrilloMetálico
Dureza5.5-6,5
FracturaConcoidea
ExfoliaciónImperfecta
RaiaNegra
Densidade5,2 g/cm3

A magnetita é un mineral da clase dos óxidos cuxa fórmula química é Fe3O4 (31% de FeO e 69% Fe2O3).

Aspecto[editar | editar a fonte]

A magnetita cristaliza normalmente en forma de octaedros e tamén en dodecaedros (aínda que é moito máis raro). Pode aparecer tamén formando masas ou en forma de area. A súa cor e negra e o seu brillo metálico.

Lugares onde se atopa[editar | editar a fonte]

Por ser un mineral de xénese moi variada, a magnetita pódese atopar en diversos ambientes.

Aparece en abundancia en Kirunia (Suecia) e en forma de area nas rías galegas de Vigo e de Pontevedra.

Usos da magnetita[editar | editar a fonte]

A magnetita é unha importante fonte de ferro.

Propiedades[editar | editar a fonte]

Os momentos magnéticos dos diferentes catións de ferro do sistema encóntranse fortemente acoplados por interaccións antiferromagnéticas, pero de forma que en cada cela unidade o resultado é un momento magnético non compensado. A suma destes momentos magnéticos non compensados, fortemente acoplados entre eles, é a responsable de que a magnetita teña propiedades magnéticas e se comporte coma un imán.

Outros óxidos[editar | editar a fonte]

O rútilo e a casiterita son outros óxidos importantes.