Madrasa

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Madrasa de Nadir Divanbegi (Uzbequistán)

No mundo árabe, unha madrasa[1] é calquera tipo de escola, mais o seu significado no mundo occidental restrínxese a unha escola relixiosa islámica da escola sunní. Polo xeral, a madrasa forma parte dunha mesquita e tradicionalmente se localiza na galería do patio. Ofrece dous tipos de estudo: o hâfiz, que consiste na memorización do Corán, e o âlim, un estudo máis especializado que permite o recoñecemento do estudante como erudito (ulema).

  1. "madrasa". TERGAL. Consultado o 26/12/2019.