Lüderitz

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:Xeografía políticaLüderitz
Imaxe

Lema«Challenge, Innovation, Prosperity» Editar o valor em Wikidata
Nomeado en referencia aAdolf Lüderitz Editar o valor em Wikidata
Localización
Mapa
 26°38′52″S 15°09′28″L / -26.6478, 15.1578Coordenadas: 26°38′52″S 15°09′28″L / -26.6478, 15.1578
EstadoNamibia
RexiónKaras
Circunscrições da Namíbia (pt) TraducirǃNamiǂNûs Constituency (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Poboación
Poboación12.537 (2011) Editar o valor em Wikidata (819,41 hab./km²)
Xeografía
Superficie15,3 km² Editar o valor em Wikidata
Altitude6 m-5,7 m Editar o valor em Wikidata
Creación12 de maio de 1883 Editar o valor em Wikidata
Identificador descritivo
Fuso horario
Prefixo telefónico6331 Editar o valor em Wikidata

Páxina webluderitz-tc.com Editar o valor em Wikidata

Lüderitz é unha cidade portuaria de Namibia, situada na rexión de Karas, a máis meridional do país.

Xeografía[editar | editar a fonte]

O municipio ocupa unha superficie de 112,9 km². No ano 2011 contaba cunha poboación de 12 537 habitantes, polo que nese ano a súa densidade de poboación de 162,44 hab./km².

Ten un clima semidesértico, con fortes diferenzas entre as temperaturas (máxima anual media, 37,5 °C, e mínima anual media de 0,2 °C) e escaseza de precipitacións, cunha media anual de 17 mm.[1]

Historia[editar | editar a fonte]

A cidade foi fundada o 12 de maio de 1883 polo comerciante bremés Adolf Lüderitz, despois da compra da Angra Pequena e os seus arredores a un xefe local nama.

A cidade comezu como unha factoría con actividade pesqueira e de recolección de guano. Foi a cidade principal da Compañía Colonial da África do Suroeste Alemá.

En 1909, tras o descubrimento de diamantes na zona, Lüderitz converteuse nunha cidade próspera. Na actualidade a extracción de diamantes eé escasa, pero segue sendo importante.

O seu porto é de augas pouco profundas, o que o fai inutilizábel para as naves modernas. Isto conduciu a que Walvis Bay se convertera no centro industrial marítimo de Namibia. Recentemente, porén, a construción dun molle novo permitiu que buques de pesca máis grandes atraquen en Lüderitz.

Economía[editar | editar a fonte]

A actividade pesqueira é a principal fonte de ingresos da cidade. É importante a pesca de lagosta e pescada. A maior parte das capturas destínanse á exportación. España é un dos principais destinos das exportacións pesqueiras. A antiga empresa española Pescanova (e agora a súa sucesora Nueva Pescanova),[2] conta con dúas plantas de procesado Namibia, a principal, NovanNam-Lüderitz, en Lüderitz,[3] onde traballan 1 800 operarios dedicados a elaboración dos produtos capturados pola frota pesqueira que a compañía posúe no país.[4] A outra, NovaNam-Walvis Bay, está localizada en Walvis Bay, onde a empresa conta con 300 operarios.[4]

Antiga estación ferroviaria, hoxe en desuso.

O turismo cada vez se afianza máis como unha importante fonte de ingresos. A cidade conta con edificios coloridos da época colonial alemá, incluíndo algúns exemplos de Art Nouveau que recordan con nostalxia estar en Alemaña, pero co deserto de fondo. A cidade tamén foi redeseñada nun intento por atraer turistas á área, que inclúe unha zona ribeirá para tendas e oficinas.

Lüderitz conta adenais con construcións para a protección da vida salvaxe, incluíndo focas, pingüíns, flamengos e avestruces.

É tamén sede dun museo, nun edificio que antigamente era a cabeceira final da liña férrea a Keetmanshoop.

Nas aforas de Lüderitz xace o pobo fantasma de Kolmanskop. Este pobo, antigamente animado, está agora abandonado e en constante loita para non ser enterrado baixo as movedizas dunas das areas do deserto do Namib.

Galería de imaxes[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]