Luis Ocaña
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde outubro de 2023.) |
Luis Ocaña | |
---|---|
Información persoal | |
Nacemento | Jesús Luis Ocaña Pernía 9 de xuño de 1945 Priego, Cuenca, Castela-A Mancha |
Falecemento | 19 de maio de 1994 (48 anos) Mont-de-Marsan, Francia |
Nacionalidade | España |
Equipo | |
Último equipo | |
Equipo(s) Pro | |
1968–1969 1970–1974 1975–1976 1977 |
Fagor Bic Super Ser Zeus Frisol Gazelle |
Principais vitorias | |
Tour de Francia: Clasificación xeral (1973) e 9 etapas Volta a España: Clasificación xeral (1970) e 6 etapas Campionato de España en ruta (1972) Dauphiné Libéré (1970, 1972, 1973) |
Jesús Luis Ocaña Pernía, nado en Priego (Cuenca) o 9 de xuño de 1945 e finado en Mont-de-Marsan (Francia) o 19 de maio de 1994, foi un ciclista español que gañou o Tour de Francia en 1973.
Traxectoria[editar | editar a fonte]
De neno viviu na localidade de Vila, no Val D'Aran. Despois emigrou cos seus pais a Mont-de-Marsan, onde se formou como ciclista con Antonin Magne. En 1968 debutou como profesional. En 1969 acadou o segundo posto na Volta a España, tras Roger Pingeon. Ó ano seguinte gañou de novo a Volta, sendo terceiro en 1971 e segundo en 1973 e 1976.
No Tour de Francia de 1971 Ocaña tivo que abandonar a carreira debido a unha grave caída no descenso do Col de Mente cando vestía o maillot amarelo e avantaxaba en case sete minutos e medio a Eddy Merckx. Porén, logrou nove tiradas e a vitoria final no Tour de 1973, no que non participou Merckx,levando o maillot amarelo desde a sétima etapa. Ese ano fóra segundo na Volta a España tras o campión belga. Máis adiante acadou a medalla de bronce no campionato do mundo de fondo en estrada. Amais, gañou nunha ocasión o Gran Premio das Nacións, tres veces a Dauphiné Libere e dúas Volta a Cataluña.
Unha vez retirado adicouse á viticultura, vivindo no sur de Francia coa súa muller, Josiane. En 1979 tivo un accidente de tráfico no que que case perde a vida.
Suicidouse en 1994, logo dunha forte depresión por mor dos problemas económicos e a que sufría hepatite C logo dunha transfusión sanguínea. O 27 de maio de 2008 recibiu a título póstumo a Real Orde do Mérito Deportivo de España.