Louis Lucien Bonaparte

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaLouis Lucien Bonaparte

Editar o valor em Wikidata
Nome orixinal(fr) Louis Lucien Bonaparte
(fr) Louis-Lucien Bonaparte Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento4 de xaneiro de 1813 Editar o valor em Wikidata
Grimley (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Morte3 de novembro de 1891 Editar o valor em Wikidata (78 anos)
Fano (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Lugar de sepulturaSt Mary's Catholic Cemetery, Kensal Green (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Second Empire senator (en) Traducir
31 de decembro de 1852 – 4 de setembro de 1870
Member of parliament for the Seine (en) Traducir
8 de xullo de 1849 – 2 de decembro de 1851
Q59854914 Traducir
26 de novembro de 1848 – 9 de xaneiro de 1849 Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeFrancia Editar o valor em Wikidata
Actividade
Campo de traballoLingüística Editar o valor em Wikidata
Lugar de traballo París Editar o valor em Wikidata
Ocupaciónlingüista , dialectologist (en) Traducir , político , romanista Editar o valor em Wikidata
Partido políticoParti de l'Ordre (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Membro de
LinguaLingua francesa Editar o valor em Wikidata
Familia
FamiliaCasa de Bonaparte Editar o valor em Wikidata
CónxuxeClémence Richard (pt) Traducir (1891–)
Maria Anna Cecchi (en) Traducir (1832–) Editar o valor em Wikidata
FillosLouis Clovis Bonaparte (en) Traducir
 () Clémence Richard (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
PaisLuciano Bonaparte (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata  e Alexandrine de Bleschamp (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
IrmánsLetitia Christine Bonaparte (en) Traducir, Charlotte Bonaparte Gabrielli (pt) Traducir, Pietro Bonaparte (pt) Traducir, Charles Lucien Bonaparte e Paul Marie Bonaparte (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Premios

WikiTree: Bonaparte-13 Find a Grave: 8505200 Editar o valor em Wikidata


Louis Lucien Bonaparte, nado en Thorngrove (Worcestershire) o 4 de xaneiro de 1813 e finado en Fano (Italia) o 3 de novembro de 1891, foi un filólogo e político francés.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Fillo de Lucien Bonaparte e sobriño de Napoleón I foi Príncipe imperial desde o 22 de marzo de 1815, se ben o seu título non foi recoñecido en Francia ata o 21 de febreiro de 1853. Pasou a súa mocidade en Italia e non residiu en Francia ata 1848 cando foi elixido para a Asemblea Nacional por Córsega. Despois da caída de Napoleón III en 1870, volveu a Gran Bretaña.

Dedicado ao estudo comparativo das linguas europeas, foi un dos primeiros filólogos que estudou as falas vivas con métodos rigorosos por medio da comparanza lingüística. Promoveu a tradución do Evanxeo de Mateu ao galego, nunha época na que aínda comezaba a tradición literaria moderna do galego. Bonaparte considerou demasiado castelanizada a primeira versión, feita por Vicente Turnes, e o encargo realizouno ao final José Sánchez de Santa María, ao que lle puxo prólogo e publicou en 1861 en Londres co título de Observaciones comparativas sobre la pronunciación gallega, asturiana, castellana y portuguesa. Desgrazadamente a tradución e o limiar de Bonaparte pasaron desapercibidos na Galicia da época, a pesar de ser a primeira tradución ao galego moderno (de non ter en conta a Parábola do Fillo Pródigo aparecida en 1857 nun libro de Magín Pers i Ramona en Barcelona e de autor descoñecido, aínda que pola escasa calidade da tradución seguramente non galego). Encargou a Manuel Fernández de Castro a tradución do Evanxeo de Mateu ao asturiano central.

O seu labor filolóxico tivo máis transcendencia no caso do éuscaro. Louis realizou cinco viaxes a Euskal Herria entre 1856 e 1869. Froito do traballo de campo realizado e do labor dun bo número de colaboradores nativos foi a publicación de 33 escritos nos diversos dialectos do éuscaro ou relacionados con esa lingua, entre os que destacan Cartes des Sept Provincies Basques montrat la délimitation actuelle de l'Euskara et sa division en dialectes, sous-dialectes et varietés (1866) e Le verbe basque en tableaux (1869), exposición das formas verbais vascas en oito dialectos. Aínda hoxe a clasificación dialectal do vasco é a que el fixo, con algunhas modificacións.

Estudou tamén os dialectos ingleses, italianos, sardos e albaneses.