Lomografía

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Cámara LOMO LC-A.
Lomografía.

A lomografía é un fenómeno fotográfico de culto estendido a nivel mundial. Os seus inicios débense a dous estudantes austríacos de viaxe en Praga no ano 1991 que encontraron nun mercado algunhas cámaras compactas da marca LOMO modelo Lomo LC-A. A sigla é un acrónimo que identifica o seu lugar de orixe: Leningradskoye Optiko-Mekhanicheskoye Obyedinenye.

As características particulares desta cámara fotográfica compacta encóntranse no obxectivo xa que cunha focal de 32 mm se poden asimilar a un gran angular medio. O obxectivo, proxectado por un enxeñeiro óptico soviético é copia do Minotar 32, montado sobre a Minox, é máis, a propia LOMO é unha copia da cámara Minox. A particularidade do obxectivo consiste sobre todo na súa relativa luminosidade (f:2,8), que unida ás pequenas dimensións da lente ofrece imaxes extremadamente saturadas e cun viñeteado de subexposición ó redor, o que crea unha especie de efecto "túnel". Dado o seu baixo custo orixinal estaba moi difundida na antiga URSS. Os dous estudantes austríacos, movidos pola súa afección fotográfica, a pesar de recoñecer os seus defectos considerárona moi interesante e sobre todo incontrolable por parte dos profesionais da fotografía. Co emprego desta cámara inician un fenómeno que, despois de varios anos, se estendeu por todo o mundo coa creación de Lomoembaixadas, Lomomisións e Lomoconcursos.

Debido á súa popularidade, as cámaras seguiron chegando ás tendas de fotografía, inda que non a prezos soviéticos, existindo novas variacións sobre a orixinal producidas en diferentes países como Rusia ou China. A filosofía da Lomografía pódese condensar nesta frase: "¡NON PENSES, DISPARA!"

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]