Liña Betanzos - Ferrol

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
A estación de Pontedeume, no punto quilométrico 23,3 da liña.

A liña Betanzos Infesta-Ferrol, tamén coñecida como O Ramalillo,[1] é unha liña de ferrocarril de 42,7 km de lonxitude que pertence á rede ferroviaria española. É un trazado curto que busca conectar a cidade de Ferrol e toda a súa área portuaria á rede na estación de Betanzos-Infesta. Segundo a catalogación do Adif é a liña 804.[2][3]

Entrou en funcionamento o 5 de maio de 1913.[4] Foi construída polo propio Estado ao quedar desertas as diferentes subhastas que se celebraron para outorgar a concesión.

Historia[editar | editar a fonte]

Antecedentes e construción[editar | editar a fonte]

Coa chegada do ferrocarril á Coruña desde Lugo en 1875 abriuse a posibilidade de xerar un ramal ata Ferrol. Este acceso tería un alto valor estratéxico polas instalacións militares e os estaleiros situados no porto da cidade. En 1877 realizouse unha primeira poxa para outorgar a concesión da liña que non atopou adxudicatario.[5] Non correu mellor unha sorte unha segunda poxa celebrada en 1880 ao quedar tamén deserta.[5] As empresas ferroviarias privadas non atopaban alicientes ante unha liña que a pesar do seu curto percorrido esixía notables obras de enxeñeira para a época como túneles e pontes sobre a ría. Ante tal situación, e dado que ao cabo eles eran os máis interesados no trazado foi o propio goberno con fondo públicos o que decidiu correr coa obra, non sen tentar novas poxas que tamén resultaron erradas.

A construción da liña correu a cargo da Primeira división de Ferrocarrís a cuxo mando estaba o enxeñeiro de camiños Felipe Gutiérrez e prolongouse durante máis dunha década, mostrando as enormes dificultades que tiña o Estado para acabar coa obra. O custo final superou os dez millóns de pesetas.[4]​ Finalmente, o 5 de maio de 1913, operativa pero inacabada foi aberta ao tráfico en vésperas da botura do acoirazado Afonso XIII debido á presión popular.[5]

Explotación e evolución[editar | editar a fonte]

Ponte sobre a ría de Ferrol, unha das obras singulares do ferrocarril Betanzos-Ferrol.

Se a construción do trazado xerou dificultades, non o foi menos a súa explotación xa que o goberno tampouco logrou ceder a mans privadas unha liña cuxo custo fora moi elevado. Si se lograron algúns acordos puntuais cos pechados con Norte que puxo as primeiras locomotoras que percorreron a liña, mesmo esta chegou a negociar unha oferta de compra pero as partes non chegaron a ningún acordo. Desta forma, a liña foi explotada principalmente desde a Primeira División Técnica e Administrativa de Ferrocarrís que tivo que incorrer en novos desembolsos para dotarse do material necesario.[5]

Finalmente, en 1928 e previo paso por MZOV, a liña integrouse en Compañía Nacional dos Ferrocarrís do Oeste, compañía estatal que se creou para vir en auxilio ás diferentes empresas privadas que xestionaba trazados nesta zona do país sen que iso mellorase sensiblemente a situación. En 1941, tanto Oeste, como o resto de compañías privadas españolas integráronse en Renfe que xestionou a liña ata a súa división entre Renfe Operadora e Adif a finais de 2004.

Características[editar | editar a fonte]

A liña entre Betanzos-Infesta e Ferrol é un trazado de 42,8 quilómetros en ancho ibérico (1.668 mm), sen electrificar e de vía única. Enlaza na estación de Betanzos-Infesta coa liña León - A Coruña.

Conta con Bloqueo de Liberación Automática en vía única, con CTC (Control de Tráfico Centralizado).[3] A velocidade máxima permitida nesta liña convencional non supera os 90 km/h.[3]

Estacións[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. La Opinión de A Coruña. "El Ramalillo cumple cien años". Consultado o 3 de agosto de 2014. 
  2. Red ferroviaria española Arquivado 03 de marzo de 2016 en Wayback Machine. Ministerio de Fomento
  3. 3,0 3,1 3,2 "Declaración sobre la red (2018)". Adif. Arquivado dende o orixinal o 30 de setembro de 2018. Consultado o 31 de agosto de 2018. 
  4. 4,0 4,1 Diario el País. "El Ramalillo vuelve a rodar". Consultado o 3 de agosto de 2014. 
  5. 5,0 5,1 5,2 5,3 Juan Peris Torner. "De Betanzos a Ferrol". Arquivado dende o orixinal o 22 de xullo de 2018. Consultado o 3 de agosto de 2014.