Lixus

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Ruínas de Lixus

Lixus (en árabe ليكسوس) era unha cidade antiga fundada polos fenicios arredor de 1100 a.C..

Patrimonio da Humanidade[editar | editar a fonte]

Este sitio foi engadido á Lista Indicativa da UNESCO Patrimonio Mundial o 1 de xullo de 1995, na categoría Patrimonio da Humanidade Cultural.

Nome[editar | editar a fonte]

A lingua oficial era o púnico, usado nas emisións de moeda autónoma da cidade desde o século II a.C., o nome do sitio aparece nas moedas en púnico como LKS triliteral, e en latín como LIX e LIXS (a forma Lixus / Lixos está consagrada pola tradición greco-latina).

Características[editar | editar a fonte]

Estaba situada algúns quilómetros ao norte da pequena cidade de Larache en Marrocos, na beira dereita do wadi Lucos. Lixus foi unha das máis antigas e das máis importantes cidades da costa atlántica.

Está rodeada de chairas pantanosas ao sur e ao suroeste, nas que se crearon fábricas de sal.

O emperador romano Claudio outorgoulle o status de colonia romana[1].

Situación de Lixus na Mauretania Tingitana

Lendas[editar | editar a fonte]

Aureolada de prestixio na antigüidade, era citada nos mitos gregos como unha cidade lendaria na que localizaban dous dos traballos de Hércules. Sería en Lixus, en efecto, onde o heroe mítico venceu a Anteo, suposto fundador de Tánxer, e colleu as mazás de ouro do xardín das Hespérides, que estaban gardabas por un dragón[1]. Plinio o Vello viu neste dragón unha alegoría do río descrita por moitos meandros.[2]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 Plinio o Vello, Historia Natural, libro V, I, 3
  2. Brouquier-Reddé, Véronique, Abdelaziz. El Khayari e Abdelfattah Ichkhakh (2004). "Lixus, de l'époque phénicienne à la période médiévale: le quartier dit «des temples"". En . Vol. 4. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]