Lingüística sincrónica

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

A lingüística sincrónica é o estudo da lingua no momento presente: non suxeito, xa que logo, a cambios históricos e sen atender ás razóns que motivaron que un fenómeno sexa de tal ou cal xeito. Oponse á lingüística diacrónica ou lingüística histórica: consideración da lingua no seu aspecto estático nun momento dado da súa existencia histórica.

É un termo proposto por Ferdinand de Saussure para designar un estado de lingua nun intre determinado. Ao estudar unha lingua en sincronía hai que deixar ao carón a súa historia. Na metodoloxía da investigación compárase tamén coa forma de estudo transversal.

Métodos de análise na lingüística sincrónica[editar | editar a fonte]

Lingüística estrutural[editar | editar a fonte]

A lingüística estrutural foi desenvolvida por investigadores que traballaron na tradición postbloomfieldiana.

Gramática xerativa transformacional[editar | editar a fonte]

Xeración de oracións gramaticais[editar | editar a fonte]

Unha gramática xerativa, no sentido no que Noam Chomsky emprega o termo, é un sistema de regras formalizado con precisión matemática que xera, sen necesidade de información algunha que non sexa representada explicitamente no sistema, as oracións gramaticais da lingua que describe ou caracteriza, e asigna a cada oración unha descrición estrutural, ou análise gramatical. Todos os conceptos dados a coñecer nesta definición de gramática "xerativa" serán explicados e exemplificados nesta sección. As gramáticas xerativas son de dous tipos: este artigo ocúpase principalmente do tipo coñecido como transformacional (ou máis especificamente, xerativa transformacional). A gramática transformacional foi iniciada por Zellig S. Harris no desenvolvemento dun traballo sobre o que denominou análise do discurso (a análise formal da estrutura do texto continuo). Foi perfeccionada por Chomsky, quen ademais deulle unha base teórica diferente.

Gramática de Harris[editar | editar a fonte]

Harris distinguiu no interior do conxunto total das oracións gramaticais nunha lingua dada; dous subconxuntos complementarios: oracións nucleares (kernel sentences) e oracións non nucleares (nonkernel sentences).

Gramática chomskiana[editar | editar a fonte]

O sistema de Chomsky de gramática transformacional, aínda que desenvolvido coas bases do traballo de Harris, difire deste en varios respectos.

Tagmémica[editar | editar a fonte]

O sistema de análise da tagmémica (ou tagmemática), da forma como o presentou Keneth Lee Pike, foi desenvolvido para a análise non só da lingua senón de todo o vencellado co comportamento humano que manifesta a propiedade de paradigma (patterning).

Gramática estratificacional[editar | editar a fonte]

O método de análise chamada gramática estratificacional (cuxo principal defensor é Sydney M. Lamb, un lingüista estadounidense) denomínase así xa que baséase na noción de que cada lingua comprende un número restrinxido de capas ou tonas de estratos, relacionados xerarquicamente de tal xeito que as unidades ou combinacións de unidades dun estrato realizan unidades ou combinacións de unidades no seguinte estrato máis grande.

Escola de Praga[editar | editar a fonte]

O que se coñece como Escola de Praga comprende un grupo grande de investigadores, principalmente europeos, que aínda que de seu non sexan membros do Círculo de Praga, derivaron a súa inspiración nos traballos de Vilém Mathesius, Nikolay Trubetskoy, Roman Jakobson e outros eruditos radicados en Praga na década que precedeu á segunda guerra mundial.