Linguas austroasiáticas

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Linguas austroasiáticas
Falado en: Subcontinente indio e sueste asiático
Total de falantes: Arredor de 117 millóns de falantes
Familia: Unhas das principais familias de linguas do mundo.
 Linguas austroasiáticas
Códigos de lingua
ISO 639-1: --
ISO 639-2: ---
Mapa
Status

As linguas austroasiáticas[1] son unha ampla familia de linguas do sueste asiático e da India. O nome provén da palabra grega que significa "sur de Asia".

Estas linguas están distribuídas por rexións onde tamén se falan linguas doutras familias. Está bastante estendida a crenza de que as linguas austroasiáticas son as linguas autóctonas do sueste asiático así como do leste da India, e que as outras linguas da rexión, incluso as indoeuropeas, as tai-kadai, e as linguas sino-tibetanas, chegaron alí como resultado de movementos de poboación posteriores. Algúns lingüistas, seguindo as formulacións de Schmidt (1906), suxiren que as linguas austroasiáticas poden estar emparentadas coas austronesias, formando así a suposta superfamilia áustrica, porén, esta formulación non goza de consenso.

Os lingüistas distinguen entre dúas grandes divisións de linguas austroasiáticas, as mon-khmer, tamén chamadas mon-camboxanas do sueste asiático e as linguas munda do centro e do leste central da India.

Clasificación[editar | editar a fonte]

As ramas da familia austroasiática son as seguintes.[2]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Definición de austroasiático, -ca no Dicionario de Galego de Ir Indo e a Xunta de Galicia.
  2. Jenny, Mathias and Paul Sidwell, eds (2015). The Handbook of Austroasiatic Languages. Leiden: Brill.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]