Lingua náhuatl clásica

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Náhuatl clásico
Nāhuatlahtōlli
Pronuncia:[naːwat͡ɬaʔˈtoːlːi]
Outros nomes:Azteca, náhuatl
Falado en: Imperio Azteca
Extinción: Dividido en dialectos modernos no século XV.
Familia: Uto-azteca
 Nahua
  Náhuatl
   Central
    Náhuatl nuclear
     Náhuatl clásico
Códigos de lingua
ISO 639-1: --
ISO 639-2: ---
ISO 639-3: nci
Mapa

En verde, a extensión do náhuatl clásico. En vermello, as variedades do náhuatl no presente.
Status

O náhuatl clásico (tamén coñecido sinxelamente como azteca ou náhuatl) é unha das variedades do náhuatl, falada no val de México e no México central como lingua franca no tempo da conquista do Imperio Azteca no século XVI. Durante os século seguintes, foi amplamente substituído polo castelán e evolucionou nas linguas nahuas modernas. Malia que está clasificada como unha lingua morta,[1] o náhuatl clásico sobreviviu a través de multitude de fontes escritas transcritas polos pobos nahuas e os españois en alfabeto latino.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Ethnologue summary for Classical Nahuatl". Arquivado dende o orixinal o 18 de febreiro de 2013. Consultado o 30 de xuño de 2017.