Lingua munxí

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Munxaniano
Munjī
Pronuncia:/mun'ʒɪː/
Outros nomes:Munxaní, Munxhan, Munxivar
Falado en: Afganistán
Rexións: Badaghxán, Distrito de Kuran wa Munjan Nordeste de Afganistán nos vales de Munxán e Mamalga
Total de falantes: Uns 3.700 (ano 2000)
Familia: Indoeuropea
 Indoiranias
  Irania
   orientais
    orientais meridionais
     Linguas do Pamir
      Munxaniano
Escrita: De facelo usan a escrita perso-arábiga
Estatuto oficial
Lingua oficial de: Non
Regulado por: Ningún
Códigos de lingua
ISO 639-1: -
ISO 639-2: -
ISO 639-3: mnj
SIL: mnj
Mapa
. Distritos da provincia afgá do Badaghxan.
Status

O munxaniano tamén chamada lingua munxaní ou munxí (en persa) é unha lingua indoeuropea da rama de linguas iranias pertencente ao sub-grupo de linguas do Pamir falada ao nordeste do Afganistán, na provincia de Badaghxán. É moi parecida á lingua idgá que fálase naparte máis alta do Lutkuh, Val do Chitral, no oeste de Garam Chishma en Paquistán.

A área do Garam Chishma chegou a ser importante durante a Invasión Soviética do Afganistán porque os soviéticos non foron capaces de deter o fluxo de armas , materiais e persoas polo Paso Doráh que separa o Chitral do Badaghxán.

O munxiano divídese en catro dialectos:

  • Munxiano setentrional
  • Munxiano central
  • Munxiano meridonal
  • Munxiano mamalgha

Estes dialectos comparten entre eles un 68% de similitude lexical, do 56% ao 80% co idgá en Paquistán. Os falantes de munxiano son, habitualmente bilingües co dari falada no Afganistán. Os falantes monolingües adoitan ser mulleres. O índice de alfabetización en munxiano está por debaixo do 1%. O índice de alfabetización en dari entre os munxiano falantes está entre o 15 e o 25%.

Os dez primeiros números en munxiano son:

  1. yu /iu/
  2. lu /lu/
  3. sherai /šerai/
  4. chfūr /čfu:r/
  5. pānj /pa:nž/
  6. āxshe /a:xše/
  7. avde /avde/
  8. ashkie /aškje/
  9. nau /naw/
  10. dau /daw/

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • Risley, H.H. e Gait, E.A. "Report on the Census of India", 1901. Superintendent of Government Printing, 1903, Calcuta, páxina294
  • Decker, Kendall "Languages of Chitral" (1992). Publicado polo National Institute of Pakistan Studies, a Universidade Quaid-i-Azam e o Summer Institute of Linguistics, Islamabad.
  • Morgenstierne, Georg: "Report on a Linguistic Mission to Afghanistan" (1926). Publicado polo Instituttet for Sammenlignende Kulturforskning, Serie C I-2, Oslo. id=ISBN 0-923891-09-9

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]

https://web.archive.org/web/20110706114920/http://www.chaf.lib.latrobe.edu.au/dcd/page.php?title=1901&action=next&record=1433