Lingua chamorra

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Chamorro
Chamorro
Falado en: Guam.
Total de falantes: 60.000
Familia: Austronesia
 Malaio-Polinesia (MP)
  Linguas malaio-polinesias nucleares
   Linguas Sunda-Sulawesi
    Chamorro
Escrita: Alfabeto latino
Estatuto oficial
Lingua oficial de: Territorios Americanos ultramarinos,

núcleos de inmigrantes en Estados Unidos.

Códigos de lingua
ISO 639-1: ch
ISO 639-2: cha
ISO 639-3: cha
Mapa
Status

O chamorro está clasificado como "vulnerable" polo Libro Vermello das Linguas Ameazadas da UNESCO[1]

O chamorro é a lingua -de base austronesia ou malaio-polinesia- falada na illa de Guam, Marianas e Carolinas.

Ó igual que o español tamén ten no seu alfabeto a letra Ñ. O chamorro ten unha gran cantidade de vocabulario procedente do castelán (aproximadamente o 50% das raíces das palabras), pero ó contrario do que se adoita crer, non está considerado realmente un español crioulo: o chamorro acostuma usar os préstamos ó estilo micronesio (por exemplo: bumobola, "xogar coa bola ou pelota").

O chamorro pode tamén ser considerado un español-austronesio ou unha lingua mixta hispano-austronesia ou, polo menos, unha lingua que xurdiu dun proceso de contacto e de crioulización na illa de Guam. O chamorro moderno ten na súa gramática numerosos elementos de orixe española: verbos, artigos, preposicións, numerais, conxuncións... Ese proceso, que comezou no século XVII e rematou a principios do século XX, significou un profundo cambio dende o chamorro antigo (proto-chamorro) ata o chamorro moderno (neo-chamorro), na súa gramática, fonoloxía e léxico[2]. .

O chamorro actual, entre os máis novos, amosa xa unha grande influencia do inglés e advírtese unha crecente tendencia a mesturar chamorro e inglés na conversa.

Aproximadamente hai uns 50.000 falantes de chamorro ó longo das illas Marianas, en Guam e nas illas Marianas do Norte (Saipán, Rota, Tinián). Ademais, o falan os emigrantes chamorros en Carolinas, Hawai, California e outras partes dos Estados Unidos

As linguas que máis de preto se emparentan co chamorro atópanse en Filipinas.

Alfabeto[editar | editar a fonte]

' (glotal oclusiva), A, Å, B, Ch, D, E, F, G, H, I, K, L, M, N, Ñ, Ng, O, P, R, S, T, U, Y

Nótese que A e Å frecuentemente non se diferencian no chamorro escrito, escribíndose as dúas como 'A'; así como ás veces tampouco se diferencian o N e o Ñ. Con todo, a escrita coidada en libros de texto e publicacións oficiais si teñen coidado de diferenciar.

Oracións básicas en chamorro[editar | editar a fonte]

  • Hafa adai «Ola»
  • Hafa tatmanu hao? «¿Como estás?»
  • Hayi na'an-mu? «¿Cal é o teu nome?»
  • Si Antonio yo' «Eu son Antón»
  • Buenas días «Bos días»
  • Buenas tatdes «Boas tardes»
  • Buenas noches «Boas noites»
  • Adiós «Adeus»
  • Asta agupa' «Ata mañá»
  • Si Yu'os ma'ase/Mit Gråsias «Grazas»
  • Buen probechu «De nada»
  • Amigo «Amigo»
  • Guahan «Guam»

Numerais[editar | editar a fonte]

O chamorro actual utiliza todo o sistema numeral tomado do español. Unu, dos, tres, kuatro, sinko, sais, siette, ocho, nuebi, dies, onse, dose, trese, katotse, kinse, diesisáis, diesisiette, diesiocho, disinuebi, beinti (benti), treinta (trenta), kuarenta, sinkuenta, sisenta, sitenta, ochenta, nobenta, Sien, dos sientos, tres sientos... kinientos, sais sientos... nobesientos (nuebe sientos), Mit, dos mit, tres mit... Un miyón, dos miyón, tres miyón...

Porén, é frecuente na conversa espontánea que os chamorros usen os numerais en inglés cando contan dólares.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Moseley, Christopher e Nicolas, Alexandre. "Atlas of the world's languages in danger". unesdoc.unesco.org. Consultado o 11 de xullo de 2022. 
  2. Rafael Rodríguez-Ponga, Del español al chamorro: Lenguas en contacto en el Pacífico. Madrid, Ediciones Gondo, 2009

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]