Linfocito T

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Ilustración dun linfocito.

O linfocito T ou célula T é unha célula do sistema inmune. Non hai un só tipo de linfocito T, senón que abrangue estirpes diversas. Non obstante todos os linfocitos T son xerados na medula ósea. Unha vez formados, saen dela e diríxense ao timo, onde comezará a súa maduración. Unha vez localizados nela, coñécense como timocitos. Son máis inmaturos canto máis preto estean do córtex tímico. A medida que maduran, vanse introducindo na parte máis interna do timo.

Maduración tímica[editar | editar a fonte]

Cando o linfocito T chega ao timo, comeza a primeira maduración destas células. Así, nos primeiros estadíos, a célula T comeza a producir o receptor de linfocito T, de maneira asimétrica. Primeiro a subunidade β e logo a α. A gran maioría de TCRs expresados son o tipo αβ. Máis tarde comezan a expresar os complexos proteicos CD4 e CD8.

A todos estes linfocitos se lles presentan todos os antíxenos do organismo, a través de macrófagos, células dendríticas e células estromais tímicas. Parte deles interacionan de maneira forte, parte de maneira feble e parte non interacionan. As células que interacionan de maneira forte ou non interactúan son eliminadas para previr enfermidades autoinmunes (seleción tímica negativa). As células que interactúan de maneira feble poden continuar coa súa maduración (selección tímica positiva). Xeralmente, os macrófagos e células dendríticas encárganse da selección negativa, mentres que as células estromais tímicas da selección positiva.

As células superviventes comezan a expresar ou ben CD4 (células CD4 positivas; expresan MHC-II) ou ben CD8 (células CD8 positivas; expresan MHC-I). Estas células teñen funcións distintas:

  • Células CD4 positivas: linfocitos Th ou colaboradores Artigo principal: Linfocito CD4+
  • Células CD8 positivas: linfocitos Tc ou citotóxicos Artigo principal: Linfocito CD8+

Unha vez feita esta distinción, o linfocito abandona o timo e diríxese a un ganglio linfático.

Maduración postímica[editar | editar a fonte]

Cando o linfocito chega ao ganglio linfático, inda non está activado. Precisa dun contacto cun antíxeno (esóxeno no caso do linfocito Th e endóxeno no linfocito Tc).

  • Célula CD4+: Contacta a través do TCR co MHC-II da célula presentadora de antíxeno (APC). Interactúan tamén o complexo CD4 co B27 da APC.
  • Célula CD8+: Contacta a través do TCR co MHC-I da APC. Tamén o complexo CD8 con B27 da APC.

O contacto cos epitopos do MHC produce expresión do receptor de interleucina-2. O contacto con esta substancia provoca a proliferación e diferenciación da célula T.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]