Limúlidos

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

A dos limúlidos (Limulidae) é unha familia de artrópodos mariños da orde dos xifosuros que viven principalmente en augas pouco profundas en fondos brandos areosos ou barrosos.

Recibiron varios nomes en distintos idiomas, como cangrexo ferradura, cangrexo das Molucas, límulo, cangrexo pota etc. Poden verse nas praias ocasionalmente cando van aparearse. Normalmente non se comen, pero úsanse como isco ou fertilizante. Tamén se extrae o seu sangue para análises médicos. Nos últimos anos está producíndose unha diminución das súas poboacións como consecuencia da destrucion dos hábitats costeiros en zonas como o Xapón, e a súa sobreexplotación para obter isco para a pesca na costa leste de Norteamérica. As especies que habitan as augas de Tailandia poden ter tetrodotoxina nos ovos.[3]

Como se orixinaron hai 450 millóns de anos, e case non evolucionaron desde aquela, considéranse como fósiles viventes.[4]

Clasificación[editar | editar a fonte]

Os limúlidos en aspecto lembran a crustáceos, pero pertencen a un subfilo distinto, os Chelicerata, e están máis relacionados cos arácnidos.[5] Os fósiles máis antigos deste tipo de animais atopáronse en estratos de finais do período Ordovícico, de hai uns 450 millóns de anos.

Os limúlidos son a única familia que chegou aos nosos días da orde dos Xiphosura, e contén as catro únicas especies vivas, que son:[2]

Anatomía e comportamento[editar | editar a fonte]

Parte inferior dun limúlido mostrando as patas e as branquias en libro.
Na praia.

Todo o corpo dos limúlidos está protexido por unha dura coiraza. Posúe varios ollos. Ten dous ollos compostos laterais, cada un composto por uns 1000 omatidios, e ademais un par de ollos medios que son capaces de detectar tanto a luz visible coma a ultravioleta, un só ollo endoparietal, e un par de ollos laterais rudimentarios na parte superior. Estes últimos fanse funcionais xusto antes de que o embrión ecosione. Ademais, un par de ollos ventrais están localizados preto da boca, e un grupo de fotorreceptores na cola ou telson (o telson dos crustáceos é outra estrutura diferente). Malia teren unha vista relativamente mala, os animais teñen as células cono e bastón máis grandes coñecidas no reino animal, que son unhas 100 veces maiores que as humanas.[6][7] A boca está localizada no centro das patas, e as bases das patas denomínanse gnatobases e teñen a mesma función que unhas mandíbulas, xa que axudan a triturar a comida. Os limúlidos teñen cinco pares de patas locomotoras coas que anda, nada, e leva a comida á boca, cada unha cunha pinzas no extremo, agás no último par de patas. A cola é ríxida, recta e longa e o animal pode utilizala para poñerse dereito se queda boca arriba, polo que un limúlido coa cola rota é máis susceptible a ser depredado ou morrer deshidratado.

Vídeos externos
Desova, xuño de 2010, 5:08, HostOurCoast.com
Apareamento dos limúlidos nunha masiva "orxía" na praia, xuño de 2014, 3:29, National Geographic.

Detrás das patas, teñen branquias en libro, que intercambian os gases respiratorios, e son tamén usualmente ocasionalmente para a natación. Como noutros artrópodos, carecen dun verdadeiro endosqueleto, pero o corpo ten certas estruturas internas feitas de placas cartilaxinosas que sosteñen as branquias en libro.[8]

Os limúlidos normalmente nadan cabeza abaixo, cunha inclinación duns 30° con respecto á horizontal e móvese a uns 10–15 cm/s.[9][10][11] Atópanse normalmente no leito do mar na procura de vermes e moluscos, que son a súa principal comida, e outros pequenos animais. As femias son maiores que os machos; C. rotundicauda ten o tamaño dunha man humana, mentres que L. polyphemus pode chegaren aos 60 cm de longo (incluída a cola). Os xuvenís crecen un 33% máis con cada muda ata chegar á idade adulta.[12]

Reprodución[editar | editar a fonte]

Durante a temporada reprodutora, os limúlidos migran a augas costeiras pouco profundas. Un macho selecciona unha femia e agárrase ao seu dorso. A femia escava un burato na area e deposita os ovos mentres que o macho os fertiliza. A femia pode poñer entre 60.000 e 120.000 ovos en grupos duns poucos miles cada vez. Os ovos tardan dúas semanas en eclosionar; as aves limícolas comen moitos deles antes de eclosionar. As larvas mudan seis veces durante o primeiro ano.[13] A crianza en catividade de limúlidos é moi difícil. Algunhas evidencias indican que o apareamento ten lugar só en zonas con area e barro nas cales poden incubarse e eclosionar os ovos.[14]

Sangue[editar | editar a fonte]

A diferenza dos vertebrados, o sangue dos limúlidos carece de hemoglobina, xa que no seu lugar utilizan o pigmento hemocianina para transportar o oxíxeno. Debido ao cobre que contén a hemocianina, o seu sangue é de cor azul. O sangue destes animais contén amebocitos, que xogan un papel similar ao dos glóbulos brancos dos vertebrados para defender o organismo dos patóxenos. Os amebocitos do sangue de L. polyphemus utilízanse para facer os chamados lisados de amebocitos de Limulus, que se utilizan para a deteccion de endotoxinas bacterianas en aplicacións médicas. O sangue dos limúlidos recoléctase con este propósito.[15]

A recollida deste sangue implica a captura e o sangrado dos animais para extraer parte do seu sangue, e despois a súa liberación de novo no mar. A maioría dos animais sobreviven a este proceso; a mortalidade está correlacionada tanto coa cantidade de sangue extraído dun exemplar coma do estrés experimentado durante a súa manipulación e transporte.[16] As estimacións da mortalidade despois da extracción de sangue varían desde o 3-15%[17] ao 10-30%.[18]

Isco para a pesca[editar | editar a fonte]

Os limúlidos utilízanse como isco para a pesca das anguías (principalmente nos Estados Unidos) e de gasterópodos buccínidos. Porén, a pesca usando isco de limúlidos está temporalmente prohibida en Nova Jersey (moratoria nas capturas) e restrinxida para os machos en Delaware. Unha moratoria permanente está en vigor en Carolina do Sur.[19] Os seus ovos cómense en partes do sueste asiático e a China.[20]

A diminución das poboacións de limúlidos na baía de Delaware crese que está poñendo en perigo a aves como o Calidris canutus (pilro gordo), que, durante as súas migracións, se alimenta dos ovos de límulos nas praias de Nova Jersey e Delaware.[21][22]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. suborder Limulina Richter and Richter 1929 Arquivado 22 de marzo de 2016 en Wayback Machine. en Fossiworks.
  2. 2,0 2,1 Kōichi Sekiguchi (1988). Biology of Horseshoe Crabs. Science House. ISBN 978-4-915572-25-8. 
  3. Attaya Kungsuwan, Yuji Nagashima & Tamao Noguchi; et al. (1987). "Tetrodotoxin in the Horseshoe Crab Carcinoscorpius rotundicauda Inhabiting Thailand" (pdf). Nippon Suisan Gakkaishi 53 (2): 261–266. doi:10.2331/suisan.53.261. 
  4. David Sadava, H. Craig Heller, David M. Hillis & May Berenbaum (2009). Life: the Science of Biology (9th ed.). W. H. Freeman. p. 683. ISBN 978-1-4292-1962-4. 
  5. Garwood, Russell J.; Dunlop, Jason A. (2014). "Three-dimensional reconstruction and the phylogeny of extinct chelicerate orders". PeerJ 2: e641. doi:10.7717/peerj.641. Consultado o June 15, 2015. 
  6. Anatomy: Vision - The Horseshoe Crab
  7. "Horseshoe Crab, Limulus polyphemus ~ MarineBio.org". Arquivado dende o orixinal o 05 de setembro de 2015. Consultado o 21 de agosto de 2015. 
  8. The biology of cartilage. I. Invertebrate cartilages: Limulus gill cartilage
  9. S. M. Manton (1977). The Arthropoda: Habits, Functional Morphology, and Evolution. Clarendon Press. p. 57. ISBN 019857391X. LCCN 77005466. 
  10. Carl N. Shuster, Jr. & Lyall I. Anderson (2003). "A history of skeletal structure: clues to relationships among species". En Carl N. Shuster, Robert B. Barlow & H. Jane Brockmann. The American Horseshoe Crab. Harvard University Press. pp. 154–188. ISBN 978-0-674-01159-5. LCCN 2003056640. 
  11. E. D. Vosatka (1970). "Observations on the swimming, righting, and burrowing movements of young horseshoe crab, Limulus polyphemus". Ohio Journal of Science 70 (5): 276–283. 
  12. Lesley Cartwright-Taylor, Julian Lee & Chia Chi Hsu (2009). "Population structure and breeding pattern of the mangrove horseshoe crab Carcinoscorpius rotundicauda in Singapore" (PDF). Aquatic Biology 8 (1): 61–69. doi:10.3354/ab00206. 
  13. 23rd September 2014. "The Rabbit and the Horse Shoe Crab". Consultado o 9 March 2015. 
  14. David Funkhouser (April 15, 2011). "Crab love nest". Scientific American 304 (4): 29. doi:10.1038/scientificamerican0411-29. 
  15. http://www.horseshoecrab.org/med/med.html
  16. Lenka Hurton (2003). Reducing post-bleeding mortality of horseshoe crabs (Limulus polyphemus) used in the biomedical industry (PDF) (Tese). Virginia Polytechnic Institute and State University. 
  17. "Crash: A Tale of Two Species – The Benefits of Blue Blood", PBS
  18. The Blood Harvest The Atlantic, 2014.
  19. "Horseshoe crab". SC DNR species gallery. Arquivado dende o orixinal o 23 de setembro de 2015. Consultado o 6 June 2011. 
  20. 大西一實. "Vol.56 食うか食われるか?". あくあは〜つ通信. Arquivado dende o orixinal o 13 de agosto de 2003. Consultado o 2008-04-18. 
  21. "Red knots get to feast on horseshoe crab eggs". Environment News Service. March 26, 2008. Arquivado dende o orixinal o 24 de setembro de 2015. Consultado o January 19, 2011. 
  22. October 26, 2011. "Critter Class Hodge Podge (Horseshoe crabs and Wooly Bears)" (PDF). The Wildlife Center. Consultado o 9 March 2015. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]

Nota: