Lifted

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Lifted
Ficha técnica
DirectorGary Rydstrom
ProdutorKatherine Sarafian
Osnat Shurer e John Lasseter (produtor executivo)
GuiónGary Rydstrom
MúsicaMichael Giacchino
MontaxeSteve Bloom
EstudioPixar Animation Studios
DistribuidoraWalt Disney Pictures
Estrea29 de decembro de 2006
29 de xuño de 2007 (con Ratatouille)
Duración5 minutos
OrixeEstados Unidos de América Estados Unidos
XéneroAnimación
Na rede
http://www.pixar.com/short_films/Theatrical-Shorts/Lifted
IMDB: tt0945571 Filmaffinity: 691006 Allocine: 125853 Allmovie: v386599 Editar o valor em Wikidata

Lifted (en galego, Abducido) é unha curtametraxe de animación por ordenador feita por Pixar en 2006. Foi dirixida por Gary Rydstrom, a súa primeira vez no labor de dirección.

O filme foi candidato ao Premio Oscar á Mellor Curtametraxe Animada no ano 2007.[1]

Sinopse[editar | editar a fonte]

Un extraterrestre mozo, Stu, atópase no interior dunha nave espacial realizando un exame de abdución. Para superar a proba debe levar un granxeiro durmido, chamado Ernie, ata a nave, baixo a atenta mirada do seu profesor, o Sr. B.[2] Perante del, Stu ten centos de interruptores carentes de etiquetas nunha consola xigante que deberá utilizar para aprobar o exame. Dubidando e dándolle a varios interruptores incorrectos, Stu fai golpear o humano contra as paredes, o teito e o chan, sen chegar a espertalo do seu sono. Stu frústrase por non conseguir o seu obxectivo e preme e acciona todos os interruptores que pode á vez. Como consecuencia disto, o granxeiro golpéase contra todo o que hai no seu cuarto. Stu segue a premer algúns interruptores ao chou e asemade o Sr. B toma notas. Finalmente, Stu consegue elevar ao granxeiro ata a nave tras ler algúns dos seus apuntamentos, pero retira o dedo do botón moi rápido e precipítase contra o chan. Antes de que chegue ao solo, o Sr. B ponse diante dos interruptores e impide que caio; devolve ao granxeiro á súa cama e arromba o cuarto.

Avergonzado polo seu fracaso, Stu comeza a choromicar, contendo as bágoas. O Sr. B, compasivo, permite xenerosamente que Stu leve a nave de volta á súa casa. Cheo de ledicia, Stu toma os controis e comeza a elevar a nave no aire, pero de súpeto esta cae sobre a casa do granxeiro. Cando a nave espacial finalmente marcha, queda un profundo cráter en cuxo centro queda un piar provocado pola pequena entrada que deixara aberta Stu ao abducir o granxeiro. No centro dese piar, o granxeiro segue a durmir na súa cama.

Durante os créditos finais escóitase a alarma dun reloxo, ao granxeiro acordando e bocexando, un berro Wilhelm e por último un ruído xordo, indicando que caera no cráter.

Lanzamento[editar | editar a fonte]

A curta estreouse nos cines xunto ao filme de Pixar Ratatouille. Xa se proxectara un adianto no Festival Internacional de Cine de Chicago.[3]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "79th Academy Awards Nominations/Wins". Arquivado dende o orixinal o 13 de xaneiro de 2008. Consultado o 12 de marzo de 2011. 
  2. "Pixar.com - Lifted". Arquivado dende o orixinal o 07 de marzo de 2011. Consultado o 12 de marzo de 2011. 
  3. "Chicago International Film Festival Webpage detailing Lifted showing". Arquivado dende o orixinal o 17 de febreiro de 2007. Consultado o 12 de marzo de 2011. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]

Predecesor:
One Man Band
Curtametraxes de Pixar Animation Studios
2006
Sucesor:
Presto