Lie to me (serie de televisión)

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Lie to me
FormatoDrama
Creado porSamuel Baum
IntérpretesTim Roth
Kelli Williams
Brendan Hines
Monica Raymund
Mekhi Phifer1
Hayley McFarland
Tema de aperturaBrand New Day
(Ryan Star)
Tema de pecheMr. Clean
(The Jam)
País de orixeEstados Unidos de América Estados Unidos
Episodios48
Produción
Produtor(es)
executivo(s)
Brian Grazer
David Nevins
Samuel Baum
Duración42 min/cap. aprox.
DistribuidorWarner Bros
Emisión orixinal
Canle de orixeFOX
Primeira emisión21 de xaneiro de 2009
Derradeira emisión31 de xaneiro de 2011
Na rede
http://www.fox.com/lietome/
IMDB: tt1235099 Allocine: 4073 Rottentomatoes: tv/lie-to-me Metacritic: tv/lie-to-me TV.com: shows/lie-to-me Netlix: 70140406Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]

Lie to me (Mínteme, en galego), é unha serie de televisión estadounidense que se comezou a televisar en xaneiro de 2009 na cadea FOX e foi retirada de antena no mesmo mes do ano 2011.

A serie baséase no traballo de estudo e investigación da conduta humana realizado polo psicólogo Paul Ekman. A trama xira en torno a Cal Lightman e os seus compañeiros da empresa The Lightman Group que detectan verdades e mentiras para solucionar crimes.

Argumento[editar | editar a fonte]

A serie mostra as investigacións levadas a cabo polo equipo formado polo especialista no comportamento humano Cal Lightman, interpretado por Tim Roth, e os seus colaboradores, a Dra. Gillian Foster, Eli Locker e Ria Torres. Analizan as microexpresións dos músculos da cara e o corpo dos sospeitosos, que delatan os seus sentimentos e impulsos.

O tempada o equipo presta os seus servizos a entidades coma o FBI ou a policía, ademais de casos particulares.

Personaxes[editar | editar a fonte]

Principais[editar | editar a fonte]

Personaxe Actor Descrición
Cal Lightman Tim Roth Psiquiatra especializado na detección de enganos, elaborou unha ciencia da detección de microexpresións corporais e faciais a partir da observación do vídeo gravado a súa nai xusto antes de que se suicidara. Utiliza esta ciencia para descubrir a verdade e axudar con ela ao próximo.
Dra. Gillian Foster Kelli Williams Psicóloga, é a socia do Grupo Lightman. Céntrase na análise da voz, as palabras e a psicoloxía.
Ria Torres Monica Raymund É unha das escasas persoas que poden ver as microexpresións detectadas por Lightman de maneira innata sen ter estudado esa ciencia antes, unha natural. É a protexida de Cal Lightman, quen espera que esta se converta na maior experta en detección de enganos.
Eli Loker Brendan Hines Experto en psicoloxía de grupo, é o principal investigador do Grupo Lightman pero recibe un trato bastante esixente por parte de Cal para tratar de curtilo e que se gañe os galóns.
Ben Reynolds Mekhi Phifer É un axente do FBI, que actúa como enlace desta axencia no Grupo Lightman, participando tamén nos casos e aportando os coñecementos policiais.
Emily Lightman Hayley McFarland é a filla de Cal Lightman e Zoe Landau, divorciados, polo que reparte o seu tempo entre as dúas casas, vese envolta en varios casos do Grupo Lightman.

Secundarios[editar | editar a fonte]

  • Zoe Landau (Jennifer Beals). Avogada, é a ex-esposa de Cal Lightman.
  • Detective Wallawski (Monique Curnen). Tras abandonar a súa relación co FBI, Wallawski convértese extraoficialmente no seu enlace policial, tamén mantén unha complexa relación sentimental co Dr. Lightman.
  • Sarah Lange' (Shoshannah Stern). Estudante de posgraduado na Universidade de Princeton, que é contratada no Grupo Lightman coma axudante na redacción do segundo libro de Lightman. Ten un moderado grado de xordeira.
  • Charles (Fajim Anguar). Estudante de posgraduado que tamén e contratado para axudar a Lightman co novo libro.
  • Bernand Dillon (Conor O'Farrell). Xefe de Detectives do FBI e persoa por encima de Reynolds, mantén unha antiga rivalidade con Lightman por unha avaliación negativa que fixo este último e que atrasou o ascenso de Dillon varios anos.
  • Rick (Carter Jenkins). Mozo de Emily Lightman.
  • Alec (Tim Guinee). Marido de Gillian Foster, traballa na oficina do Departamento de Estado, ao final da primeira tempada divórcianse.
  • Clara Musso (Melissa George). Primeiro aparece como sospeitosa de homicidio pero remata sendo socia do Grupo Lightman a causa da mala situación económica desta. Tamén mantén unha breve relación sentimental con Cal Lightman.
  • Dave Atherton (Max Martini). Psicólogo dun centro de detención de menores, entabla unha relación sentimental con Foster. Porén desaparece ao ser en realidade un axente encuberto da DEA e ao rematar a súa misión en curso.
  • Karl Dupree (Sean Patrick Thomas). É o mozo de Torres durante a primeira tempada, desaparece da serie ao final da mesma tras saír ferido dunha explosión.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]