Liase

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
A glutamato descarboxilase é un exemplo de liase.

En bioquímica, unha liase é un encima que cataliza a ruptura de enlaces químicos en compostos orgánicos por un mecanismo distinto á hidrólise ou á oxidación, reaccións que son realizadas por outros encimas específicos chamados hidrolases e deshidroxenases, respectivamente. Como resultado do proceso de ruptura fórmanse frecuentemente novos dobres enlaces ou novas estruturas en anel.

Son encimas da clase IV que levan a cabo reaccións bioquímicas nas que se eliminan grupos por medio da rotura dun enlace, xeralmente entre dous átomos de carbono, entre carbono e osíxeno, entre carbono e nitróxeno ou entre carbono e xofre, para formar un dobre enlace. Tamén poden funcionar á inversa, catalizando a formación destes enlaces por medio da adición dun grupo ao dobre enlace. Por exemplo o encima adenilato ciclase, que cataliza a seguinte reacción, sería unha líase.

ATPAMPc + PPi

Unha característica peculiar das liases é que requiren a participación dun só substrato para realizaren unha reacción nun sentido, e de dous para realizaren a reacción en sentido oposto.

Nomenclatura[editar | editar a fonte]

Os nomes sistemáticos destes encimas son "substrato + grupo + liase". Os nomes comúns inclúen descarboxilases, deshidratases, aldolases etc. Cando a reacción inversa é máis importante, pode que se utilice o nome de sintase.

Clasificación[editar | editar a fonte]

Corresponden ao EC 4 na catalogación por medio do número EC. As súas subclases son:

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]