Leucodistrofia metacromática

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Leucodistrofia metacromática
EspecialidadeNeuroloxía
Causasxenética
Factores de riscoalto
Tratamentotransplante de medula ou terapia xénica
Aviso médico.
Aviso médico.
Advertencia: A Wikipedia non dá consellos médicos.
Se cre que pode requirir tratamento, por favor, consúltello ao médico.

A leucodistrofia metacromática (abreviado LMC ou MLD polas súas siglas en inglés metachromatic leuko-dystrophy [1]), tamén denominada deficiencia de arilsulfatase A é unha doenza desmielinizante que se agrupa dentro das chamadas leucodistrofias [2]. Caracterízase por un déficit do enzima arilsulfatase A, o cal é necesario para o metabolismo dos sulfatos. Este déficit provoca unha acumulación de sulfatos nos lisosomas do sistema nervioso, dando lugar a sintomatoloxía neurolóxica (leucodistrofia). Esta enzima está especialmente presente nas vaíñas de mielina do sistema nervioso.

Epidemioloxía[editar | editar a fonte]

É unha enfermidade rara[1] e de orixe xenética, de herdanza autosómica recesiva. A súa prevalenza na poboación xeral está entre un caso por cada 40 000 persoas[3] e un por cada 160.000 individuos en todo o mundo.[4] Hai unha incidencia moito maior en certas poboacións illadas xeneticamente, como 1 de cada 75 en xudeus habbanitas (un pequeno grupo de xudeus que emigraron a Israel desde o sur de Arabia), 1 de cada 2.500 na parte occidental da Nación Navajo e 1 de cada 8.000 entre os grupos árabes en Israel.[4]

Como doenza autosómica recesiva, 1 de cada 40.000 equivale a unha frecuencia de portadores de 1 de cada 100 na poboación en xeral.[5]

Estímase que hai uns 3.600 nacementos de MLD ao ano, con 1.900 vivos nos Estados Unidos, 3.100 en Europa e 49.000 vivos en todo o mundo con MLD.[5]

Prognóstico e tratamento[editar | editar a fonte]

O prognóstico desta doenza era malo, sendo case que fatal aos poucos anos após o comezo dos síntomas.

Orientacións de investigación[editar | editar a fonte]

Hoxe están a investigarse varias opcións de terapia mediante ensaios clínicos, principalmente en pacientes infantís tardíos. Estas terapias inclúen a terapia xénica, a terapia de substitución enzimática (ERT polas siglas en inglés), a terapia de redución do substrato (SRT polas siglas en inglés) e, potencialmente, a terapia de mellora enzimática (EET). Ademais dos ensaios clínicos, hai varios outros proxectos de investigación de terapia xénica preclínica en marcha.

Tratamento para LMC de inicio precoz[editar | editar a fonte]

En xullo de 2022 o Ministerio de Sanidade do Goberno de España negociaba a adquisición dun medicamento chamado Libmeldy[6], nomeado o "medicamento máis caro do mundo" (2,47 millóns de euros por unha única dose)[7]. Libmeldy é un produto de terapia xénica con células nai hematopoiéticas (HSC polas siglas en inglés, Hematopoietic stem cell) autólogas (autotransplante) para LMC precoz elaborado especificamente para cada paciente utilizando as propias células do sangue do paciente.[6]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 "Metachromatic leukodystrophy - About the Disease - Genetic and Rare Diseases Information Center". rarediseases.info.nih.gov (en inglés). Consultado o 2022-07-26. 
  2. JJ Zarranz; Neuroloxía. Ed Esselvier, 4º edición. Capítulo 20: Doenzas desmielinizantes.
  3. Dres. Francesca Fumagalli ; Ana Isabel Fumagalli ; Alessandra Biffi. Leucodistrofia metacro mática: del diagnóstico a la terapia génica como perspectiva terapéutica. Dispoñíbel aquí Arquivado 10 de marzo de 2016 en Wayback Machine..
  4. 4,0 4,1 "Metachromatic leukodystrophy: MedlinePlus Genetics". medlineplus.gov (en inglés). Consultado o 2022-07-26. 
  5. 5,0 5,1 "MLD 101: Xenética". www.mldfoundation.org. 6 de xaneiro de 2017. Arquivado dende o orixinal o 30 de decembro de 2013. 
  6. 6,0 6,1 "Home". Libmeldy (en inglés). Consultado o 2022-07-26. 
  7. Güell, Oriol (2022-07-26). "Sanidad negocia la adquisición del medicamento más caro del mundo: 2,47 millones por una única dosis". El País (en castelán). Consultado o 2022-07-26. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]


Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo sobre medicina é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.