Laranxeira

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

A laranxeira (Citrus x sinensis) é a árbore que dá a laranxa. Pertence ao xénero Citrus, que forma parte da familia das Rutáceas. Trátase dunha árbore de porte mediano - mais en óptimas condicións de cultivo chega até os 13 m de altura - , perenne, de copa grande, redonda ou piramidal, con follas ovais de entre 7 a 10 cm, de marxe enteira e frecuentemente estipuladas, e ramas en ocasións con grandes espiñas (máis de 10 cm). As súas flores brancas, denominadas azar, nacen illadas ou en acios e son sumamente fragrantes.

Hai gran cantidade de variedades diferentes, fundamentalmente pola calidade do froito e o sabor, que varía do doce ao ácido. A especie C. aurantium produce laranxas amargas utilizadas para a elaboración dalgúns licores, marmeladas e confituras.

É orixinario da China, traído a occidente polos árabes.

Dáse en climas temperados e cálidos, e en España cultívase sobre todo na zona do Levante, onde se acostuman regar por inundación unhas tres veces ao ano. Non soporta as xeadas prolongadas por debaixo de 0°.

A este mesmo xénero pertencen o limoeiro, o mandarineiro, o pomelo, a limeira, o cumt, a laranxeira amarga ou agre...

Produción[editar | editar a fonte]

Segundo a FAOSTAT, en 2018, os principais produtores de laranxas foron:[1]

Laranxeira en Teaño, Cuntis
Principais produtores de laranxas en 2019(toneladas)
Posición País Produción
1 Brasil 17 073 593
2 China 10 435 719
3 India 9 509 000
4 Estados Unidos 4 832 570
5 México 4 736 715
6 España 3 226 870
7 Exipto 3 197 046
8 Indonesia 2 563 485
9 Irán 2 308 730
10 Turquía 1 700 000

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "FAOSTAT". fao.org (en inglés). Consultado o 27 de xaneiro de 2021. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]


Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo sobre botánica é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.