Lago Ness

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Vista do lago Ness dende o seu extremo meridional, en Fort Augustus.
A torre do castelo de Urquhart, co lago Ness ao fondo.

O lago Ness (Loch Ness) é un loch (lago) de auga doce localizado nas Highlands de Escocia, de forma estreita e alongada con cerca de 37 quilómetros de lonxitude. O lago ocupa unha área de preto de 56,4 km² e ten unha profundidade máxima de 226 metros. A visibilidade da auga é extremadamente reducida debido á turba dos solos circundantes, que levan cara ao lago as redes de drenaxe. Crese que o lago Ness foi modelado polos glaciares da última era glacial.

O lago Ness é mundialmente coñecido polas alegadas aparicións do Monstro do lago Ness, que os habitantes locais chaman Nessie. As evidencias científicas para a existencia deste monstro, descrito como unha especie de dragón mariño, son nulas, o que non impide que sexa unha atracción turística.

O lago Ness é o maior exemplo escocés de lagos encaixados en fallas xeolóxicas, neste caso a Falla de Great Glen, con rumbo nordeste-sueste. Este tipo de lago, coñecido como loch, caracterízase pola grande fondura e pola morfoloxía alongada de acordo coa dirección da falla que os modela.

As augas do Lago Ness son bastante frías, debido principalmente á súa latitude e á súa profundidade. O seu litoral é bastante pintoresco, con castelos como o de Eilean Donan, onde foi filmada a escena inicial do filme Highlander, ou ruínas de castelos, como o de Urquhart, en Drumnadrochit.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]